Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

O Concello Carballo reitera a súa preocupación pola situación da lagoa de Baldaio

Desminte a Patrimonio Natural e confirma que enviou por rexistro unha comunicación o martes día 7

En xuño, o concelleiro de Medio Ambiente xa informara telefonicamente ao xefe territorial

Situación actual da canle de desaugue da lagoa de Baldaio, na que se aprecia o taponamento.

Situación actual da canle de desaugue da lagoa de Baldaio, na que se aprecia o taponamento. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carballo

O Concello de Carballo reiterou onte, día 10 de xullo, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a súa preocupación pola situación na que se atopa actualmente a lagoa de Baldaio, motivada polo peche prolongado da comunicación entre a lagoa e o mar, "circunstancia que xa foi trasladada o martes, día 7", a pesar de que, dende dito departamento sinalaron que non lles constaba por rexistro ningunha solicitude ou escrito, por vía oficial nin urxente.

A este respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Vales, confirmou que onte a directora xeral e o alcalde mantiveron unha conversa telefónica, para abordar o asunto. Un problema que, lembra Vales, el mesmo lle trasladara noutra conversa telefónica "a principios de xuño" ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente.

Xuntanza en decembro de 2025

Asegura ademais que, nunha xuntanza mantida en decembro, na que participou tamén o presidente da Asociación de Mariscadores Santa Elena, de Baldaio, "se acordara manter unha comunicación fluída" entre todas as partes "e tamén actuar ante un posible peche da lagoa o máis axiña para que o custo fose o mínimo posible, pero non se actuou", sinala Vales.

E non se actuou, segundo indica a Dirección Xeral de Patrimonio Natural porque o desaconsella un informe do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), que «conclúe claramente que a apertura da canle non é necesaria para preservar o espazo protexido e que esta actividade pode, ademais, ter efectos negativos significativos sobre o estado de conservación dos seus hábitats».

Cianobacterias e microalgas

Miguel Ángel Vales sinala que, respectando as valoracións dos técnicos, "a realidade é que se está producindo mortandade de peixes e un cambio de cor das augas da lagoa pola presenza de cianobacterias e microalgas".

Unha situación que, engade, podería verse favorecida, ademais de pola interrupción do ciclo normal da auga intermareal, pola existencia na zona dunha estación depuradora que, "aínda que funciona correctamente, verte a un rego que desauga na lagoa e iso aporta nutrientes e consume osíxeno, e se diminúe o osíxeno prodúcese a mortandade de peixes e do marisco". Un feito, engade Vales, que "non sei se foi valorado polos técnicos".

Cambio de dinámicas dende a construción do porto exterior

O concelleiro carballés sinala que, aínda que, de forma natural, as rías tenden ao seu peche, no caso da lagoa de Baldaio esta situación veuse "agravada pola actuación humana" a raíz da retirada do espigón e da construción do porto exterior, o que fixo que cambiasen as dinámicas e agora os peches da lagoa repítense no tempo e dun xeito moi rápido, e iso impide unha adaptación natural da flora e a fauna ás novas circunstancias".

TEMAS

Tracking Pixel Contents