CARBALLO
As praias da Pedra do Sal e Razo terán servizo de autobús de regreso nas fins de semana
O Concello de Carballo valora "positivamente" a decisión da Xunta de Galicia

Vista da praia de Razo, en Carballo. / Distrito Xermar
O Concello de Carballo valora "positivamente" a decisión da Xunta de Galicia de incorporar este verán unha expedición de regreso desde a praia de Razo durante as fins de semana, dando resposta a unha das principais demandas trasladadas polo goberno municipal en materia de transporte público aos areais.
O servizo realizarase a través da expedición XG84800701013, correspondente á ruta Caión–Estación de Autobuses de Carballo, con saída ás 19.30 horas e chegada prevista ás 20.40 durante os meses de xullo e agosto. O autobús permitirá regresar desde A Pedra do Sal arredor das 19.45 h, e desde Razo, sobre as 20.15 h (horarios aproximados).
Solución a un desaxuste
A principal novidade é que esta expedición funcionará durante as fins de semana, resolvendo o desaxuste existente ata o de agora: as persoas usuarias dispoñían de transporte público para achegarse á praia, pero non contaban cun servizo posterior que lles permitise regresar a Carballo.
"Esta carencia deixaba sen alternativa de volta ás persoas que acudían ao areal ao mediodía, obrigándoas a recorrer ao vehículo particular ou a buscar outros medios de transporte. A incorporación do novo servizo supón, por tanto, un avance importante para que o autobús poida converterse nunha opción real para os desprazamentos á praia", subliñan dende o goberno local.
Resposta a unha "necesidade evidente"
A medida chega despois da reunión mantida en Santiago polo alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, coa directora xeral de Mobilidade. Nese encontro, os representantes municipais trasladaron a urxencia de mellorar a planificación do transporte aos areais e de corrixir a situación vivida o pasado verán.
O goberno municipal considera que "a nova expedición responde a unha necesidade evidente da veciñanza e das persoas visitantes, ao tempo que favorece unha mobilidade máis sostible e contribúe a reducir a presión do tráfico no litoral durante a tempada estival".
Con todo, engade, "aínda quedan necesidades por atender". O goberno municipal agarda que esta mellora sexa o "primeiro paso dunha planificación máis ampla e estable do transporte público cara ao litoral carballés, con horarios útiles, servizos de ida e volta e cobertura adaptada á demanda dos meses de verán".
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto