COLABORACIÓN
Cee e Cáritas renovan a súa alianza contra a exclusión social
O Concello aporta 3.000 euros para "garantir a continuidade dun servizo esencial"

Margot Lamela e Desiré Kouakou Tanoh asinando o convenio. / Cedida
O Concello de Cee e Cáritas Diocesana renovaron o seu compromiso coa atención ás persoas e familias máis vulnerables mediante a sinatura dun convenio de colaboración que reforza o apoio municipal ao labor social que desenvolve a entidade no municipio.
O acordo foi asinado pola alcaldesa, Margot Lamela, e por Desire Kouakou Tanoh, en representación de Cáritas Diocesana–Unidade Pastoral de Cee.
A través deste convenio, o Concello concede a Cáritas unha subvención de 3.000 euros destinada a financiar os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade da entidade, "garantindo así a continuidade dun servizo esencial para moitas persoas do municipio", afirma a rexedora.
Resposta ante as necesidades básicas e situacións de emerxencia
Cáritas Diocesana presta atención a familias e persoas en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social, ofrecendo resposta tanto ás necesidades básicas do día a día como ás situacións de emerxencia que poidan xurdir.
"A renovación deste convenio consolida unha liña de colaboración estable entre as dúas institucións, baseada na responsabilidade compartida de construír unha sociedade máis solidaria, inclusiva e comprometida co benestar de todas as persoas", subliña Margot Lamela.
A achega económica municipal, que se mantén ano tras ano, "pon de manifesto a vontade do goberno local de apoiar ás organizacións que traballan de maneira directa coas persoas que máis o precisan", conclúe a alcaldesa.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames