Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A delegada da Xunta comproba a labor dos 3 traballadores contratados no programa Rural Activo

A Xunta destinou máis de 5 millóns de euros nesta liña de axudas en 82 concellos da provincia da Coruña

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada do alcalde de O Pino, Manuel Taboada, na súa visita

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada do alcalde de O Pino, Manuel Taboada, na súa visita / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de O Pino contratou tres novos traballadores no programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo', unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do Goberno galego. Este programa está destinado ao fomento do emprego en persoas desempregadas, ademais do reforzo da prevención de incendios forestais e a conservación do medio rural.

O Concello de O Pino recibiu unha achega de preto de 51.000 euros, que permitiu a contratación destes tres trabalaldores cun contrato de 9 meses. Os tres participantes deste programa adícanse á limpeza de montes, xestión de biomasa, mantemento de espazos naturais e outras tarefas de carácter forestal e ambiental. Para revisar os efectos da iniciativa, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañou esta mañá ao alcalde de O Pino, Manuel Taboada, a unha visita no Pino.

Estas axudas financian os custos salariais e da Seguridade Social das persoas contratadas, con importes de entre 17.000 e 26.300 euros por persoa. A totalidade do programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo' está dotada con 20 millóns de euros, que se materializaron na contratación de 283 persoas en 82 concellos da provincia da Coruña.

Visita institucional para comprobar a efectividade do plan Rural Activo

Visita institucional para comprobar a efectividade do plan Rural Activo / Cedida

Un programa novedoso

O programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo' engadiu importantes novidades este ano para mellorar as súas actuacións preventivas, destacando a creación da figura da coordinadora municipal de prevención de incendios. O obxectivo desta medida é mellorar a colaboración dos concellos adheridos ao convenio de colaboración entre a Xunta e Seaga na defensa contra os incendios forestais mediante a coordinación dos equipos de traballo e a planificación de actuacións.

Ademais, garantízase a estes concellos o mesmo número de contratacións que a convocatoria anterior, a maiores do incremento do apoio para os municipios con máis de 1.500 hectáreas de redes secundarias de franxas de xestión de biomasas.

O programa complétase cunha formación específica para as persoas contratadas en prevención de incendios, uso de maquinaria e ferramentas forestais e seguridade na realización destes traballos. Isto ten como obxectivo reforzar a cualificación profesional dos participantes, así como a protección sostible do medio rural.

TEMAS

Tracking Pixel Contents