Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A delegada da Xunta visita a empresa Lácteo Ferrado Verde para comprobar os efectos das subvencións

Belén do Campo visitou a empresa Lácteo Ferrado Verde, beneficiaria de subvencións dirixidas ao aumento da produción agraria

A delegada da Xunta, Belén do Campo (dereita), na súa visita a Lácteo Ferrado Verde

A delegada da Xunta, Belén do Campo (dereita), na súa visita a Lácteo Ferrado Verde / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou esta mañá a empresa Lácteo Ferrado Verde, en Santa Comba. O motivo da visita foi a avaliación das subvencións dirixidas ao aumento do valor das producións agrarias para a construción e reforma de inmobles e a compra de maquinaria e equipamento.

A empresa Lácteo Ferrado Verde é referente na elaboración de queixos, transformando anualmente preto de 15 millóns de litros de leite en 1.600 toneladas de diferentes produtos lácteos como queixo de barra, queixo tetilla e outros formatos. Lácteos Ferrado Verde foi beneficiaria das axudas da Consellaría de Medio Rural que permitiron impulsar diferentes investimentos no eido da transformación e comercialización de produtos agrarios. Estas subvencións ascenden a máis de 623.000 euros, correspondentes ás últimas convocatorias resoltas. Asimesmo, a última axuda da convocatoria de 2024, foi destinada a incorporación de moldes para a elaboración de queixo de pasta hilada e para a renovación da infraestrutura informática e da rede wifi da planta por un importe de case 40.000 euros.

Visita da delegada da Xunta á empresa Lácteos Ferrado Verde

Visita da delegada da Xunta á empresa Lácteos Ferrado Verde / Cedida

A delegada da Xunta lembrou que estas subvencións “permiten ás industrias agroalimentarias incorporar novas tecnoloxías, mellorar a eficiencia dos seus procesos e reforzar a competitividade dun sector estratéxico para a economía galega”. Belén do Campo aproveitou a visita para poñer en valor a aposta da empresa pola excelencia, lembrando que os produtos da empresa van acompañados dos selos 'Galicia Calidade'.

Nova convocatoria de achegas

Do Campo lembrou que a Consellería do Medio Rural volve a convocar este ano achegas cun valor de case 19 millóns de euros ata 2028. Estos apoios divídense en dúas liñas subvencionais: unha dirixida a obxectivos ambientais e outra enfocada ao aumento da produción agraria. Estas axudas poden ser solicitadas por empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións con motivo desta subvención. Con elas poderán financiarse tanto investimentos para a construción e reforma de inmobles como para a compra de maquinaria e equipamentos novos ou programas informáticos, entre outros.

Tracking Pixel Contents