Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Deputación achega a Boqueixón 215.00 euros en equipamento de desbroce

O investimento ten o obxectivo de manter as boas condicións da rede viaria municipal

Valentín González á esquerda, presidente da Deputación, e Ovidio Rodeiro á dereita, alcalde de Boqueixón, firmando o acordo

Valentín González á esquerda, presidente da Deputación, e Ovidio Rodeiro á dereita, alcalde de Boqueixón, firmando o acordo / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A Deputación da Coruña achega máis de 215.000 euros para a adquisición dun novo equipamento de desbroce para o Concello de Boqueixón. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, asinou co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o convenio para financiar a adquisición de nova maquinaria de desbroce.

O Concello de Boqueixón, cunha superficie de 73 quilómetros cadrados, unha extensa rede de vías municipais con máis de 250 quilómetros de pistas municipais. Esta superficie leva dende o ano 2010 traballándose con tractores que acumulan máis de 12.000 horas de uso, facendo necesaria a incorporación de novo equipamento.

O investimento

O investimento total ascende a 269.272 euros, dos cales a Deputación achegará 215.417, un 80% do custo total, asumimdo o Concello de Boqueixón os 53.854 euros restantes. Valentín González destaca que o novo equipamento contribuirá á mellora da seguridade viaria, á conservación dos accesos aos núcleos de poboación e ao reforzamento da prevención dos incendios forestais.

A nova máquina autropropulsada conta con tracción 4x4, un motor diésel dunha potencia mínima de 135 cabalos e unha cabina homologada e climatizada con visión panorámica e diferentes sistemas de seguridade. O investimento incluirá o transporte e a instalación do equipamento, así como a formación básica do persoal municipal para o manexo e mantemento da maquinaria.

En palabras de Valentín González, presidente da Deputación, esta colaboración permitirá “mellorar de maneira importante a capacidade do Concello para manter en boas condicións unha rede viaria municipal moi extensa e prestar un servizo máis áxil e eficaz á veciñanza”. A nova maquinaria permitirá realizar os traballos de roza con maior rapidez, seguridade e autonomía, reducir custos e prestar un mellor servizo en todas as parroquias.

Tracking Pixel Contents