PROXECTOS
Dúas novas fiestras para gozar do Anllóns en Cabana e Ponteceso
A Deputación impulsou un novo miradoiro en Sinde e a mellora dos accesos peonís ao estuario

José Manuel Mato, esquerda, e Xosé Regueira ao pé do Anllóns, en Ponteceso. / Cedida
A Deputación da Coruña vén de rematar dúas actuacións para poñer en valor a contorna do río Anllóns, en Cabana de Bergantiños e Ponteceso. Ambas obras están enmarcadas no plan enogastronómico provincial Os Fogóns do Anllóns e o seu obxectivo é potenciar o turismo sostible na comarca.
O vicepresidente provincial, Xosé Regueira, visitou os dous concellos, onde foi recibido polos seus alcaldes, José Muíño e José Manuel Mato, respectivamente, para supervisar o resultado das obras.

José Muíño, esquerda, e Xosé Regueira no novo miradoiro do Anllóns, en Cabana. / D. C.
En Cabana de Bergantiños, o proxecto centrouse na creación do novo miradoiro do Anllóns, situado no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas. Esta nova infraestrutura abre unha ventá á riqueza ambiental da canle fluvial, poñendo a disposición da veciñanza e dos viaxeiros un espazo integrado na contorna e pensado para a contemplación da paisaxe.
De forma paralela, en Ponteceso procedeuse á recuperación ambiental e á mellora dos accesos peonís nunha das zonas de maior interese do estuario do Anllóns, facilitando que os visitantes poidan percorrer a ribeira de forma segura e respectuosa co ecosistema. A actuación dota Ponteceso dun recurso interpretativo relacionado directamente co miradoiro de Cabana.
Financiación con fondos europeos
Ambos proxectos foron financiados a través dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (NextGenerationEU). O obxectivo principal desta estratexia é conectar a beleza paisaxística do estuario do Anllóns co potencial culinario e cultural da zona.
Xosé Regueira asegurou que "estes dous proxectos son unha mostra de como os fondos europeos poden transformarse en actuacións útiles para o territorio, poñendo en valor a paisaxe, o patrimonio natural e a identidade da comarca".
Turismo de natureza e gastronómico
O obxectivo dos Fogóns do Anllóns, engadiu, "é crear experiencias turísticas sostibles que contribúan a dinamizar a economía local, reforcen a oferta dos cinco concellos participantes e fagan do río Anllóns un dos grandes referentes do turismo de natureza e gastronómico. Estes espazos non son só lugares para contemplar a paisaxe, senón tamén unha invitación a descubrir o territorio, a súa gastronomía e o seu patrimonio desde unha perspectiva sostible e de calidade".
Subliñou ademais, que con estas dúas actuacións, "a comarca de Bergantiños conta con dúas novas ferramentas para competir no mercado turístico actual. A mellora das infraestruturas públicas na contorna do río Anllóns funciona como un elemento tractor que enriquecerá a oferta hostaleira e de lecer da zona, garantindo un impacto positivo a longo prazo na economía local".
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto