Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

GóisOrosoArte, un proxecto de cultura e cooperación que une Galicia e Portugal

A pasada fin de semana inaugurouse unha nova edición do certame artístico en Góis

A temática central foi 'auga e lume: onde se atopan os extremos'

Mocidade do intercambio xuvenil de Oroso

Mocidade do intercambio xuvenil de Oroso / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A pasada fin de semana tivo lugar en Góis a última edición de GóisOrosoArte, un proxecto cultural que une a Portugal e Galicia a través da arte e da cooperación. Este certame une o Concello de Oroso coa localidade portuguesa de Góis, no distrito de Coímbra, separadas por 400 quilómetros pero unidas polo arte.

O tema central desta edición foi 'Auga e lume: onde se atopan os extremos', reunindo obras de artistas de sete nacionalidades distintas e abrindo un espazo de diálogo onde teñen cabida diferentes linguaxes e sensibilidades artísticas.

Nesta edición destacou a participación da mocidade do intercambio xuvenil de Oroso, quenes tiveron a oportunidade de convivir cos artistas e achegarse de primeira man aos seus procesos creativos. Grazas a isto coñeceron dende dentro como se desenvolve un proxecto cultural internacional nun contexto de convivencia e intercambio de elementos culturais.

Importantes lazos culturais

O alcalde de Oroso, Álex Doval, puxo en valor a importancia de seguir facendo lazos entre Góis e Oroso, destacando que o proxecto conxunto é “un exemplo de cooperación real entre dous territorios que levan anos camiñando xuntos, compartindo cultura, experiencias e amizade”, facendo fincapé en que este intercambio cultural “vai moito máis alá dunha exposición artística, porque representa unha maneira de entender a cultura como ponte entre persoas, pobos e xeracións”.

A exposición colectiva poderá visitarse ata o 31 de xullo na Casa do Artista de Góis, unha exposición que permite ao espectador coñecer dous territorios unidos por unha relación histórica que continúa medrando a través da cultura.

Tracking Pixel Contents