INFRAESTRUTURAS
Luz verde ao convenio con Augas de Galicia para investir 13,9 M€ na depuradora de Cee e Corcubión
A Xunta colaborará tamén coa humanización da contorna do CEIP Otero Pedrayo da Laracha

A nova estación depuradora ubicarase no concello de Cee. / Cedida
Augas de Galicia xa está en disposición de asinar o convenio de colaboración que permitirá executar a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Cee e Corcubión. Así se recolle no informe do que tomou razón este luns o Consello da Xunta.
O investimento estimado ascende a 13,9 millóns de euros e a construción da nova EDAR permitirá ao mesmo tempo mellorar a calidade das augas e cumprir as exixencias da Unión Europea.
O proxecto enmárcase nun plan da Xunta que mobiliza investimentos que superan os 126 millóns de euros a través da planificación, o impulso e a execución de novas solucións en materia de depuración de augas residuais co obxectivo de modernizar as infraestruturas existentes, protexer o medio natural e avanzar na eficiencia enerxética deste tipo de instalacións, que pola súa propia actividade levan asociados uns consumos moi elevados.
Aportacións da Deputación e dos concellos
Unha obra que será cofinanciada pola Deputación da Coruña e os concellos de Cee e Corcubión. O pleno da deputación provincial xa aprobou o pasado mes de xuño o convenio de colaboración con Augas de Galicia e as dúas administracións locais.
A Deputación da Coruña comprométese a destinar 1.400.000 euros, distribuídos en dúas anualidades de 700.000 euros. Pola súa banda, o Concello de Cee achegará 1.030.674,93 euros e o Concello de Corcubión 343.525 euros, segundo o calendario de pagos fixado no convenio.
Obras de humanización na Laracha
Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou a sinatura do acordo de colaboración co Concello da Laracha para a execución das obras de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo, que suporán un investimento conxunto de preto de 468.493 €.
A través desta actuación executaranse as obras necesarias para mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e calidade urbana desta contorna escolar. Deste xeito, abordarase a humanización do espazo, incluíndo a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun aparcamento para autobuses e vehículos lixeiros.
Renovación do alumeado e do mobiliario urbano
Os traballos completaranse cun novo alumeado público, a dotación de mobiliario urbano e a rede de pluviais. O prazo de execución das obras será de 6 meses.
No marco desta cooperación, o Goberno galego cofinanciará nun 70% estas intervencións (con 327.945 €), e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello da Laracha achegará o 30% restante do custo das actuacións (140.548 €), realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
Cambio de titularidade dun treito da AC-552
O Consello da Xunta tamén autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Carballo dun treito urbano dun quilómetro da AC-552, correspondente á avenida de Fisterra.
En concreto, apróbase a transferencia do dominio público viario asociado a este treito urbano da AC-552, entre o punto quilométrico 31+900, no cruzamento da avenida coa rúa do río Anllóns, e o 32+920, finalizando pasada a rotonda de acceso principal ao Parque comercial A Revolta.
Este cambio de titularidade do tramo fora acordado no convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Carballo para abordar as obras de humanización e mellora da citada avenida de Fisterra, que conta cun investimento total de 2 M€, dos que a Administración autonómica financia o 70%.
Co cambio de titularidade, o Concello de Carballo terá a competencia para actuar neste treito de estrada, e asumirá a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena