Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONCERTO

María do Ceo presenta 'Galicia nai' no santuario da Virxe da Barca de Muxía

A cita é o vindeiro sábado, día 18, a partir das 21.00 horas

María do Ceo nun dos seus concertos.

María do Ceo nun dos seus concertos. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

O santuario da Virxe da Barca de Muxía acollerá o sábado, día 18 ás 21.00 horas, o concerto Galicia nai, de María do Ceo. Unha cita coa música da terra que chega á vila da Barca da man da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Cartel promocional do concerto de María do Ceo no santuario da Barca.

Cartel promocional do concerto de María do Ceo no santuario da Barca. / Cedida

Dende o Concello de Muxía agradecen "o compromiso da Xunta coa promoción da cultura e que faga posible que esta proposta chegue ao noso municipio".

Subliñan tamén a "colaboración e disposición" da Parroquia de Muxía para que este concerto "poida celebrarse nun lugar tan emblemático e cargado de simbolismo como o santuario da Barca".

Tracking Pixel Contents