Manuel Rivas, De Vacas e Federico Pérez poñen en valor a cultura en torno a Rosalía en Padrón
O evento, que se alongou durante doce horas con máis de vinte actividades entre música, literatura, humor e propostas infantís
A Matanza tamén acolleu un obradoiro de construción de caixas para ver eclipses impartido por Martin Pawley

Manuel Rivas, de frente á esquerda, a carón da xornalista Ana G. Liste na presentación da súa última novela ‘Tras do ceo’ / Fundación Rosalía de Castro
A Fundación Rosalía de Castro acadou un éxito total na oitava edición do seu festival Abride a Fiestra, animando a centos de veciños e visitantes a percorrer o entorno da casa museo da Matanza e desfrutar con música, propostas literarias e ata humor.
Toda a xornada
Deste xeito, a cita alongouse este domingo entre las 11.00 da mañá ata as 23.00 horas, nun evento que busca non só poñer en valor a figura da escritora, nai das letras galegas, senón tamén render una homenaxe ao mundo da cultura nas súas diferentes manifestacións. E como é tradicional, Abride a Fiestra acolleu diferentes manifestacións artísticas tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas musicais temos a De Vacas, Coro da Ra, Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma para os nenos; o cómico Federico Pérez Rey; os escritores Manuel Rivas e Anxos Sumai; e o deseñador Pepe Barro, entre outros.
Nesta xornada de portas abertas, o xardín, a casa-museo e o auditorio acolleron máis de vinte actividades. Na horta tiveron lugar os concertos de De Vacas, Coro da Ra (patrocinados por Paco&Lola), Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma ou o contacontos Federico Pérez Rey, alén da charla sobre o eclipse e o obradoiro de construción de caixas para ver eclipses impartido por Martin Pawley, crítico e programador de cine, ademais de coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación lumínica e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Para a cativada
Pero a organización tampouco se esquenceu dos máis cativos, e para eles, co patrocinio de Deleite, puxeron en marcha xogos populares, un concerto de Cé Orquestra Pantasma, a contacontos Inma Soto con Xela a superheroína da aldea e unha visita guiada con xogos didácticos O sombreiro de Murga, da man de Rita Bugallo.

Actuación de Cé Orquestra Pantasma, co acordeón, este domingo na Matanza / Fundación Rosalía de Castro
Na propia casa-museo tamén houbo visitas guiadas por persoeiros, como a profesora Carme Hermida, Martin Pawley e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón; ademais de Miguel Lois, que a realizará sobre o reformado Xardín de Rosalía.
Novela 'Tras do ceo'
Xa no auditorio celebráronse varias actividades literarias, chamando especialmente a atención a de Manuel Rivas, que presentou coa xornalista Ana G. Liste a súa última novela, Tras do ceo. Pero tamén estivo Pilar García Negro e Xosé Luís Axeitos, que divulgaron o nº 10 da revista Follas Novas de estudos rosalianos; a escritora Anxos Sumai, que presentou nunha conversa con Carme Vidal o seu novo libro, A nena de xeo; e Pepe Barro, que fixo o propio co seu último traballo que reúne o total da súa traxectoria como o máis referencial dos deseñadores galegos, O libro de Barro.
Ademais, houbo unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola. Os asistentes que asó desexaron tamén tiveron a oportunidade de comer na propia Horta da Casa da Matanza, nun xantar amenizado polo DJ Peter Sélek.
Talento local
E como un dos obxectivos do festival é promover o talento emerxente local, convocouse a varios artistas da comarca: desde a banda de Dodro Pecha a Cansela ata a fotógrafa de Pontecesures Icía García, que presenta a mostra Contrarreloxo, pasando pola escritora de Catoira Anxos Sumai. Este festival é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Padrón, a Xunta de Galicia, Paco&Lola, Deleite e Gadis.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»