Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MOBILIZACIÓN

Promoven unha cadea humana para rexeitar a planta de biogás da Laracha

A plataforma veciñal asegura que manterán viva a loita ata que o proxecto se paralice

Concentración veciñal na zona onde se quere construír a planta de biogás.

Concentración veciñal na zona onde se quere construír a planta de biogás. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

A veciñanza da Laracha está convocada este luns, ás 19.30 horas, para formar unha cadea humana reivindicativa e seguir amosando o seu rexeitamento ao proxecto de planta de biogás que se pretende instalar na parroquia de Soandres.

O acto, convocado pola Plataforma Stop Biogás A Laracha, terá lugar nunha finca privada a carón da Chousa Grande, en Soandres.

Loita por todas as vías

"Non imos parar, manteremos viva a nosa loita ata que este proxecto se paralice", afirman dende a plataforma. Despois dun proceso de alegacións, de numerosas reunións con entidades, expertos e institucións públicas, e dunha manifestación histórica na Laracha, a veciñanza continuará con diversas actividades e accións, como o actual proceso de creación dunha asociación veciñal, ecoloxista e cultural, así como asesoramento legal e xurídico para loitar por todas as vías contra este proxecto.

Escaseza de caudal no río Anllóns

"Á preocupación inicial hai que sumar agora o grave problema de seca e da falta de caudal continuo no punto do río Anllóns onde a planta de biogás chegaría a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos, co grave impacto que suporía para o propio río, a súa biodiversidade e a saúde de milleiros de persoas das poboacións dos concellos que atravesa o Anllóns e que usan a auga deste río", subliñan dende o colectivo veciñal.

Tracking Pixel Contents