Minuto de silencio en Teo na lembranza de Miguel Ángel Blanco
No acto levouse a cabo a lectura dun manifesto en memoria do político vasco asasinado pola ETA

Acto na lembranza de Miguel Angel Blanco en Teo / Concello de Teo
Iker Cotón
Un día como hoxe, hai vinte e nove anos, Miguel Ángel Blanco era asasinado pola banda terrrorista ETA despois de tres días de secuestro. Máis de dous millóns e medio de persoas invadiron as rúas do país pedindo a súa liberación en aquel verán de 1997. Case tres décadas despois, a morte do político vasco segue presente e con motivo deste aniversario, o Concello de Teo rendeu esta mañá unha homenaxe na memoria de Miguel Ángel Blanco cun minuto de silencio e a lectura dun manifesto.
O acto foi presidido pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, ademáis de contar coa asistencia de varios deputados, concelleiros, traballadores municipais e veciños. A alcaldesa declarou que “recordar a Miguel Ángel Blanco é unha obriga moral para coa nosa sociedade”.
O concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Juan Jesús Cerqueiro, procedeu á lectura dun manifesto onde lembrou os preto de dous millóns e medio de persoas que se manifestaron en toda España en xullo de 1997, tras o tráxico asasinato de Miguel Ángel Blanco. Neste manifesto lembrouse que a xustiza non se pode negociar nin pode ser moeda de cambio e que esquecer ou manipular a historia é perverter a democracia e humillar ás vítimas. Tras a lectura deste manifesto, procedeuse a un sentido minuto de silencio en recordo de todas aquelas vítimas de terrorismo no noso país. O acto rematou cun sentido aplauso de todos os asistentes, lemabrando unha época do noso país que quedou atrás, pero que segue presente.
Sepultura en Galicia
Miguel Ángel Blanco está enterrado no cemiterio da igrexa parroquial de Faramontaos, no Concello de A Merca, en Ourense. O político vasco foi recibeu sepultura en Ermua, na provincia de Vizcaia, pero os seus restos serían trasladado en 2007 á Merca, a vila de orixe da súa nai, debido ás reiteradas profanacións e actos vandálicos que sofreu a súa tumba.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto