Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Amancio Prada recibirá en Padrón a distinción Rosa de Galicia no cincuentenario do seu disco ‘Rosalía de Castro’

O acto terá lugar este mércores 15, coincidindo co 141 cabodano do pasamento da autora

Será na Casa-Museo ubicada na Matanza, e o cantor berciano ofrecerá despois un pequeno concerto

Amancio Prada, durante un concerto.

Amancio Prada, durante un concerto. / Luis Polo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Padrón

A Casa-Museo de Rosalía, en Padrón, celebra este mércores 15 o 141 cabodano do pasamento da autora cun acto institucional no que se lle entregará a Rosa de Galicia a Amancio Prada con motivo dos 50 anos do seu disco Rosalía de Castro.

Este traballo discográfico supuxo un antes e un despois na música galega e na recepción da obra da autora na Península, axudando a coñecela e divulgala.

A Rosa de Galicia é unha insignia que concede a Fundación Rosalía de Castro a persoas ou institucións que se significaran na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano. Trátase dunha insignia de ouro que nesta ocasión recibirá o cantor berciano.

Rosalía de Castro (1975) foi o segundo disco do Amancio Prada (Ponferrada, 1949), aínda que logo tamén volvería á autora de Padrón con outros traballos como Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Real Filharmonía de Galicia, Rosalía siempre (2005) e Resonancias de Rosalía (2014).

Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo. Alén de Rosalía musicou tamén a Álvaro Cunqueiro, varios trobadores galaico-portugueses e cancións populares.

Ao remate do acto, que contará con discursos institucionais, terá lugar un pequeno concerto do artista.

Tracking Pixel Contents