Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arzúa mellora o Roteiro da Fervenza das Hortas

A mellora consistiu en traballos de roza e limpeza no percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas

A Concelleira de Turismo, Begoña Balado, no Roteiro da Fervenza das Hortas

A Concelleira de Turismo, Begoña Balado, no Roteiro da Fervenza das Hortas / Concello de Arzua

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Arzúa finalizou os traballos de roza, limpeza e acondicionamento do Roteiro da Fervenza das Horas. A actuación, a través da Concellaría de Turismo, ten como obxectivo a mellora xeral do roteiro así como da seguridade do mesmo.

A Fervenza das Hortas é un dos paraxes naturais máis fermosos de Arzúa, un espazo que sobresae pola súa riqueza paisaxística e ambiental, sendo un activo natural moi importante tanto para os veciños como para os visitantes. Os traballos desenvolvéronse no percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas e incluíron labores de roza e limpeza da vexetación, poda e retirada de restos acumulados no roteiro. Ademais, repuxéronse as varandas da baixada da fervenza e mellorouse a drenaxe e canalización das augas para evitar o deterioro das escaleiras de acceso.

As melloras continúan

Dende o Concello de Arzúa confirman que a mellora do roteiro terá continuidade nos vindeiros meses co acondicionamento do mobiliario urbano presente no propio roteiro. A concelleira de Turismo, Begoña Balado, salientou que "actuacións como esta son fundamentais para conservar o noso patrimonio natural e garantir que tanto a veciñanza como as persoas que visitan Arzúa poidan desfrutar destes espazos nas mellores condicións durante todo o ano." O coidado e mantemento deste roteiro contribúe a preservar un dos máis importantes activos de patrimonio natural en Arzúa, ademais de garantir a seguridade de todos os que queiran desfrutar dun paseo polo roteiro.

Tracking Pixel Contents