PROTESTA
"Biogás aquí non": berro unánime da veciñanza da Laracha contra a planta de Soandres
Douscentos veciños e veciñas formaron unha cadea humana para amosar o seu rexeitamento ao proxecto

Cadea humana de veciñas e veciños da Laracha contra a planta de biogás. / Cedida
Douscentos veciños e veciñas da Laracha concentráronse a carón da localización onde se proxecta a macroplanta de biogás na parroquia de Soandres, para amosar de novo o seu rexeitamento ao proxecto.
Formaron unha cadea humana e corearon consignas como: Biogás aquí non, porque a localización non é a axeitada e Biogás así non, porque estas macroplantas xestionan residuos non xerados na contorna e danan a biodiversidade do río e dos acuíferos.

Veciños e veciñas que se concentraron na Soandres contra a planta de biogás. / Cedida
Amosaron tamén a súa preocupación polo grave problema de seca e pola falta de caudal continuo no punto do río Anllóns "onde a planta de biogás chegaría a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos, co grave impacto que suporía para o propio río, a súa biodiversidade e a saúde de milleiros de persoas das poboacións dos concellos que atravesa o Anllóns e que usan a auga deste río", afirman desde a plataforma Stop Biogás A Laracha, convocante da protesta.

Cadea humana nunha finca próxima ao lugar onde se prevé construir a macroplanta. / Cedida
Insisten en que "non imos parar, manteremos viva a nosa loita ata que este proxecto se paralice". Despois dun proceso de alegacións, de numerosas reunións con entidades, expertos e institucións públicas, e dunha manifestación histórica na Laracha, a veciñanza continuará con diversas actividades e accións, como o actual proceso de creación dunha asociación veciñal, ecoloxista e cultural, así como asesoramento legal e xurídico "para loitar por todas as vías contra este proxecto", conclúen.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto