PROGRAMA DE VERÁN
Da Laracha a Portugal para vivir unha experiencia multiaventura na natureza
A actividade inclúe baixadas en tirolina, karts, paintball, barranquismo simulado e probas entre as copas das árbores

Mozas e mozos da Laracha no Pena Aventura Park, en Portugal. / Cedida
Corenta mozos e mozas, de entre 13 e 18 anos, participan nunha experiencia multiaventura organizada polo Concello da Laracha en Pena Aventura Park, de Ribeira da Pena (Portugal).
A actividade inclúe unha ampla variedade de propostas de aventura, lecer activo e convivencia nunha contorna natural. Así, participaron nun circuíto de habilidades de altura entre as copas das árbores, puxeron a proba a súa destreza ao volante de karts, participaron nun simulador de barranquismo de río con saltos, lanzáronse en tirolina desde unha altura de 150 metros, xogaron ao paintball e descenderon 700 metros subidos a coches estilo tobogán mentres desfrutaban desde a altura das paisaxes da montaña de Lamelas e da vila de Ribeira da Pena.
Unha festa musical
A programación completouse cunha festa temática con música para favorecer a convivencia entre os participantes. A experiencia forma parte da programación municipal de verán, que durante os meses estivais ofrece unha ampla variedade de propostas culturais, deportivas e recreativas pensadas para todos os públicos e cunha atención especial aos nenos e aos mozos.
"O alto interese espertado por esta actividade, unha das principais novidades da programación deste ano, pon de manifesto a boa acollida que teñen este tipo de iniciativas de ocio activo entre a mocidade larachesa", subliñan dende o goberno local.
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas