MEDIO RURAL
Extinguido o incendio que queimou 228 hectáreas de monte en Vimianzo e Laxe
Ao longo de catro días traballaron na zona 69 brigadas, 69 motobombas, tres helicópteros e un avión

Brigadistas trabajando en las labores de extinción del incendio en Nande. / J. M. R.
A Consellería do Medio Rural confirmou que ás 14.00 horas deste martes quedou extinguido o incendio rexistrado nos concellos de Vimianzo e Laxe, que se fusionou como un único lume tras unirse os iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, ás 20.16 horas do sábado, e na de Nande, en Laxe, ás 21.55 horas dese mesmo día.
Este lume afectou finalmente unha superficie total de 228,58 hectáreas, das cales 177,8 foron de monte arborado e as restantes 50,78 de raso.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado e conxunto, 4 técnicos, 56 axentes, 69 brigadas, 62 motobombas, 5 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 1 avión.
Todo apunta a que os lumes de Salto e Nande foron provocados pola tormenta eléctrica rexistrada o pasado sábado na Costa da Morte.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames