Pistoletazo de saída este xoves ás Festas do Carme de Arzúa
Do 16 ao 19 de xullo Arzúa vibrará con actuacións en directo, verbena e sesións de DJ

Presentación das Festas do Carme / Cedida
Iker Cotón
As Festas do Carme de Arzúa comezan este xoves 16 cucnha programación festiva que se extenderá durante toda a fin de semana. A programación das festas conta cun importante papel de varios artistas locais que se encargarán de poñer a música a unha fin de semana chea de ritmo en Arzúa.
A Banda de Música de Arzúa abrirá as festas este xoves 16 cun pasarrúas pola vila e dous concertos na Praza de Galiza. Nesta mesma praza terá lugar a sesión de discomóbil de DJ Pájara Boba, dende as 21:30 horas.
O venres terán lugar dous concertos do Bringuelo - Escola de música tradicional de Arzúa na Praza de Galiza ás 14.00 e 20.00 horas. O ambiente nocturno correrá a cargo da verbena coa Orquesta Galilea e da discomóbil con DJ Casanova. Luar das augas poñerá a música do sábado con dous concertos ás 14.00 e 20.00 horas. Tras esto, na praza de Galiza actuará na discomóbil DJ Toni Salvaje, ás 22.30 horas.
Os máis cativos, protagonistas do domingo
O domingo, as Festas do Carme trasladaranse á Área Recreativa de Ribadiso, pechando a programación cunha xornada especialmente pensada para o desfrute de todos os públicos. A tarde comezará coa 'Merendiña do Carme' para os máis cativos, seguida do concerto infantil de Uxía Lambona e a banda molona e unha última sesión musical da DJ arzuá Pájara Boba.

Programación das Festas do Carme de Arzúa / Cedida
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto