Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ponteceso reforza a loita contra os incendios con 11 novos puntos de auga

O Concello, de xeito conxunto coa Xunta, instalará estos novos puntos de auga co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia

Un dos puntos adicados ao abastecemento de auga

Un dos puntos adicados ao abastecemento de auga / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta, reforzan a loita contra os incendios mediante a instalación de 11 novos puntos de auga no municipio. A instalación destes puntos concluirá nos próximos díase permitirá mellorar a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia en caso de un incendio.

A previsión inicial da instalación era de 7 puntos de abastecemento, pero finalmente serán 4 máis. A localización destas reservas de auga responde a un estudo técnico co obxectivo de garantir a súa máxima eficacia. O factor máis importante a ter en conta para elexir os lugares de instalación foi a existencia de caudal suficiente para asegurar tanto o abastecemento habitual como a dispoñibilidade de auga en situación de emerxencia. Ademais, seleccionáronse lugares de fácil acceso para o estacionamento e maniobra de vehículos de extinción.

Os once lugares elexidos

Dos once puntos, tres están situados en Corme e Corme Aldea: un en dirección O Cairo, outro na pista que conecta coa Ermida e o terceiro para dar servizo ás zonas de Froxán, Guxín e Gondomil. En canto aos demais, hai un en cada unha das seguintes parroquias: Brantuas, Cospindo, Graña, Cores, Pazos, Langueirón, Tella (no polígono industrial) e Anllóns.

Tracking Pixel Contents