Pampín será a candidata do BNG amesán á espera de que confirmen a Blas García, Oliva Agra e Luísa Feijoo
A nacionalista maiá foi arroupada por Ana Pontón no Pazo da Peregrina na súa presentación pública
O resto dos actuais líderes locai van concorrer para acadar o respaldo das respectivas agrupacións locais

A candidata do BNG de Ames, Escarlata Pampín, esquerda, coa líder nacional Ana Pontón / Cedida
A alcaldía de Ames xa ten a súa primeira candidata para 2027: Escarlata Pampín, do BNG, que vén de ser presentada pola líder da formación frentista, Ana Pontón, no Pazo da Peregrina. E pendentes das reunións dos comités e asembleas locais, tamén confirmaron que van presentar candidatura Blas García (PSOE), Oliva Agra (PP) e Luísa Feijoo (Espazo Común Ames), con máis que seguras posibilidades de saír elexidos para liderar os seus respectivos partidos nas eleccións municipais.
Dedicar toda a capacidad
Deste xeito, a concelleira nacionalista Pampín comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un Concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”. Na presentación da candidata, Pontón asegurou que Escarlata Pampín “ten a forza, o proxecto e o liderado que se necesita” e insistiu en que a candidata nacionalista para as próximas eleccións municipais “vai a por todas” cun proxecto que poña aos veciños no centro das políticas.

Simpatizantes e familiares do Bloque Nacionalista Galego de Ames con Pontón e a candidata Escarlata Pampín / Cedida
Neste sentido, a candidata á alcaldía de Ames, Escarlata Pampín, avanzou que quere ser a alcaldesa que lidere “unha nova etapa en Ames construída dende a experiencia, un proxecto ilusionante e ambicioso fronte ás políticas de socialistas ou de populares. “Porque xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar. Liderar un novo tempo para Ames. Un tempo no que o Concello siga medrando, pero medre ben de xeito planificado poñendo ás persoas no centro . Un tempo no que o progreso se mida pola calidade de vida da veciñanza. Un tempo no que cada decisión se tome pensando no ben común. Como ben sabemos facer no BNG”,
Slogan preciso
“Quero e queremos estar á altura de Ames. Non é un eslogan escollido ao azar. É un compromiso. Porque Ames xa non é un Concello pequeno que simplemente medra. Ames converteuse nun dos grandes motores de Galicia. Un Concello novo, dinámico, cheo de talento e de oportunidades. Un Concello que atrae familias, empresas e proxectos. Un Concello que non deixa de transformarse” explicou. “Nacín e medrei en Ames, onde aprendín que o coñecemento nace de abrir o corazón a quen vén e a quen xa está”, engadiu.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»