XUNTANZA
Corcubión aposta pola vivenda pública como eixo para revitalizar o casco histórico
O alcalde traslada á Xunta un plan que contempla 20 unidades de obra nova e a rehabilitación de seis inmobles municipais

Francisco Santiago, esquerda, Javier Domínguez na xuntanza coa conselleira María Martínez. / MONCHO FUENTES
O alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade, Francisco Santiago, mantiveron unha xuntanza coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e coa directora Territorial de Vivenda na Coruña, Begoña Freire, para impulsar a estratexia Corcubión Habitable.
O goberno local considera "unha prioridade absoluta a vivenda pública protexida (VPP), como punto de partida irrenunciable para garantir o futuro da vila". O plan operativo prevé a posta en marcha de 26 vivendas, que se dividen na construción urxente de 20 unidades de obra nova nun solar que ofrece o Concello, e na rehabilitación de 6 inmobles municipais situados no edificio dos xulgados.
Para blindar o retorno social do proxecto, todos os activos quedarían adscritos ao Patrimonio Público do Solo (PPS) municipal, evitando a especulación e facilitando o acceso ao fogar a novos residentes.
Subvencións da Xunta de Galicia
Martínez Allegue comunicou ao alcalde que están valorando a proposta municipal, e que existe a posibilidade de solicitar subvencións autonómicas.
Así mesmo, o equipo de goberno de Corcubión aposta pola humanización da Praza Castelao. "Como piar complementario para facer habitable o centro histórico, o Concello solicitou á Administración autonómica un investimento estratéxico de 250.000 euros", subliñan dende o goberno local.
Esta partida destinarase exclusivamente á reforma integral da contorna da Praza Castelao, co obxectivo de transformar este espazo emblemático nunha zona urbana peonil de alta calidade que realce os valores da vila como Ben de Interese Cultural (BIC).
Accesibilidade ás vivenda da Agra da Ribeira
O goberno local tamén adquire o compromiso coa accesibilidade na Agra da Ribeira. Para iso, trasladou a Martínez Allegue a súa preocupación pola accesibilidade ás vivendas na urbanización Agra da Ribeira.
Os representantes municipais incidiron en que "o modelo de humanización de Corcubión debe ser inclusivo, garantindo solucións técnicas que faciliten o día a día da xente maior e das persoas con mobilidade reducida nunha das zonas máis poboadas do municipio".
O alcalde sinalou que a reunión transcorreu con total cordialidade e "quedamos en seguir falando para seguir abordando de cara ao futuro os temas expostos".
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína