PLAN HURBE
A Laracha transforma a contorna do CEIP Otero Pedrayo para facela máis segura e accesible
A Xunta achegará o 70% dos preto de 470.000 euros do investimento previsto

Rivas, esquerda, Allegue e López no acto de sinatura do convenio. / X. G.
A Xunta e o Concello da Laracha colaboran nas obras de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo, que suporán un investimento total de 468.493 €.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico, Yago Borrajo, e coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou co alcalde, José Manuel López Varela, o convenio para abordar esta actuación ao abeiro do Plan Hurbe.
A actuación que se vai desenvolver permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e calidade urbana desta contorna escolar coa humanización do espazo. Entre as intervencións previstas, inclúense a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun aparcamento para autobuses e vehículos lixeiros.
Tamén se abordará a execución de novo alumeado público, a dotación de mobiliario urbano e a rede de pluviais. O prazo de execución das obras será de 6 meses.
A través do convenio, a Xunta colabora no financiamento da actuación coa achega do 70% do custo (327.945 €), e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello da Laracha achegará o 30% restante, realizará as xestións para posibilitar a súa execución e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto