PROGRAMA RE-INVENTÁNDONOS
Vimianzo crea un espazo de apoio para mulleres que precisan reconstruír o seu futuro
Ofrecerá acompañamento personalizado centrado no benestar emocional, a autonomía e a inclusión

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, no centro na inauguración do foro Alza Voz Muller. / Cedida
O Concello de Vimianzo pon en marcha Re-Inventándonos, un programa dirixido a mulleres que están atravesando situacións de dificultade persoal, familiar, social ou laboral e que precisan apoio para recuperar o control sobre as súas vidas e construír novos proxectos de futuro.
A iniciativa ofrecerá un acompañamento integral e personalizado, adaptado ás necesidades de cada participante, creando un espazo seguro de escoita, apoio e orientación onde cada muller poderá avanzar ao seu propio ritmo.
Ao longo dos próximos meses desenvolveranse sesións individuais e actividades grupais centradas no fortalecemento persoal, a mellora do benestar emocional, a orientación sociolaboral, a promoción da igualdade e a prevención das violencias machistas.

Cartel promocional do programa Re-Inventándonos de Vimianzo. / Cedida
"Re-Inventándonos nace coa convicción de que todas as mulleres, independentemente da súa situación persoal ou das dificultades que atravesen, teñen dereito a contar con oportunidades, recursos e acompañamento para construír unha vida máis autónoma e satisfactoria", subliñan dende o goberno local.
O programa está especialmente orientado a mulleres que se atopan en situacións de vulnerabilidade social, económica ou relacional, favorecendo procesos de inclusión, autonomía e participación social.
Inscrición en Servizos Sociais
As mulleres interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través dos Servizos Sociais do Concello de Vimianzo, ou chamando ao teléfono 694 305 026.
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco das actuacións destinadas á promoción da igualdade e ao apoio a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína