A Deputación da Coruña financia con 80.000 euros a mellora vial entre a recta de Anchoa a Hermedesuxo, en Fisterra
O proxecto contempla a renovación dun tramo dun quilómetro que é de paso obrigado para milleiros de peregrinos

Valentín González Formoso, esquerda, e Luís Insua, este xoves. / Cedida
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Fisterra, Luís Insua, asinaron este xoves un convenio de colaboración para executar as obras de mellora do vial municipal que conecta a recta de Anchoa co lugar de Hermedesuxo.
O acordo supón un investimento conxunto que supera os 99.500 euros, permitindo intervir de maneira urxente nunha calzada moi transitada da zona rural do municipio fisterrán.
A actuación proxéctase sobre un trazado de 985 metros de lonxitude que actualmente se atopa nun estado de avanzado deterioro. O pavimento deste camiño municipal presenta un desgaste severo caracterizado por fisuras lonxitudinais e transversais, baches, desgranados e deformacións que condicionan a seguridade e a comodidade da circulación.
Esta vía é clave tanto para a mobilidade diaria dos residentes de Hermedesuxo de Abaixo na súa conexión coa estrada autonómica AC-445 como para a proxección turística da contorna, dado que aproximadamente a metade do seu percorrido forma parte do trazado oficial da prolongación do Camiño de Santiago no seu tramo final da etapa de Muxía a Fisterra.
O orzamento dos traballos ascende exactamente a 99.552,24 euros. Desta cantidade, a Deputación da Coruña achegará un total 79.641,79 euros, o que equivale ao 80% do financiamento total. Pola súa banda, o Concello de Fisterra asumirá o 20% restante, que ascende a 19.910,45 euros, para completar o orzamento de contrata do proxecto.
O proxecto contempla unha serie de melloras que se efectuarán nun prazo estimado de dous meses. As tarefas iniciaranse coa limpeza das marxes e a superficie para proceder posteriormente ao fresado nas zonas necesarias para garantir a correcta transición coas vías existentes.
Sobre o firme aplicarase un rego de adherencia con emulsión bituminosa para posteriormente estender unha nova capa de mestura bituminosa en quente. Ademais, as obras inclúen a posta a cota de todas as arquetas, tapas e sumidoiros da drenaxe pluvial, así como a renovación de toda a sinalización horizontal e vertical do tramo.
Esta intervención realizarase con especial coidado, buscando evitar calquera afección sobre o trazado histórico e paisaxístico do Camiño de Santiago.
Formoso afirmou que o seu goberno está comprometido co mantemento da seguridade viaria da estradas de titularidade local e provincial , así como “coa dotación de servizos de calidade no medio rural, algo que se demostra día a día con actuacións como esta".
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical