Melide renovou o firme de dez rúas e catro camiños municipais, cun investimento de case 300.000 euros
Os traballos incluíron tamén a ampliación da plataforma en varias vías

Unha das rúas pavimentadas en Melide. / Cedida
O Concello de Melide recepcionou as obras correspondentes ao proxecto de mellora da pavimentación e da seguridade viaria da rúa Alfredo Álvarez González e doutras trece vías do municipio.
A actuación foi executada pola empresa Excavaciones Santiños S.L., cun investimento de 298.749 euros, ao abeiro dun convenio entre o Concello de Melide e a Deputación da Coruña, co obxectivo de mellorar a pavimentación e reforzar a seguridade viaria en diferentes rúas e camiños do municipio.
As obras permitiron actuar nas rúas Alfredo Álvarez González, Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Juan XXIII, Sofía Casanova, Pastor Barral Camoiras, Bocelo, Rañado, Pilar e San Salvador; nos camiños de Meire, Cabanelas, Arribas e Gondolín-Garea; e no acceso á cooperativa.
As actuacións adaptáronse ás necesidades de cada infraestrutura. Na rúa Alfredo Álvarez González levouse a cabo a renovación do firme e a ampliación da calzada; no camiño do Meire, a repavimentación do vial; no camiño de Cabanelas, a ampliación da plataforma; e no acceso á cooperativa, a execución dun sobreancho para facilitar o xiro e manobra dos camións.
Nas rúas Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Juan XXIII, Sofía Casanova, Pastor Barral Camoiras, Bocelo, Rañado e San Salvador, así como nos camiños de Arribas e Gondolín-Garea, renovouse o firme, mentres que na rúa Pilar acometeuse unha ampliación da plataforma viaria.
Os traballos incluíron, segundo as necesidades de cada zona, a preparación das superficies, a limpeza e apertura de cunetas, o estendido de saburra, a pavimentación con mestura bituminosa en quente, a adaptación de rexistros e a renovación da sinalización horizontal.
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, destaca que “con esta actuación mellóranse as condicións de circulación e seguridade en distintas zonas do municipio, tanto en rúas do núcleo urbano, como en camiños que dan servizo á veciñanza e ás explotacións e instalacións situadas no rural”.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima