Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames e Negreira achéganse nas Noites en Vela

Este sábado celébrase a nova edición das Noites en Vela na Ponte Maceira con actuacións musicais e un espectáculo pirotécnico

Imaxe da edición de 2024

Imaxe da edición de 2024 / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

Ames e Negreira achéganse este sábado. O 18 de xullo celebrarse unha nova edición das Noites en Vela a partir das 21.00 horas na Ponte Maceira. O evento, que comezou hai dez anos, vincula aos concellos de Ames e Negreira arredor deste emblemático enclave. Nesta edición, os grupos encargador de poñer a nota musical serán o cuartero Balteira e a Asociación Cultural Follas Novas. A noite rematará cun espectáculo pirotécnico que porá o broche final a unha velada para a que xa hai máis 50 persoas inscritas para acudir en autobús desde O Milladoiro, Bugallido, Agro do Muiño e Bertamiráns. O acceso a este evento musical e cultural será de balde.

Esta iniciativa organízase de xeito conxunto entre os Departamentos de Cultura de Ames e Negreira co obxectivo de poñer en valor unha paraxe natural moi especial como o é a Ponte Maceira, declarada ben de interese cultural no ano 2022. O ano pasado o evento tivo que trasladarse ao interior do auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns por mor da meteoroloxía, polo que esta é a edición supón unha oportunidade ideal para recuperar o espírito orixinal das Noites en Vela.

Espectáculo pirotécnico da edición de 2024

Espectáculo pirotécnico da edición de 2024 / Cedida

As actuacións musicais

O cuarteto Balteira é unha formación betanceira nacoda en 2025. A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos ás pezas tradicionais. Os seus concertos xiran arredor dos cantares tradicionais e os seus integrantes proceden de proxectos tan recoñecidos como Tiruleque, Xose Lois Romero & Aliboria, Comando Curuxás ou Habelas Hainas.

Pola súa parte, o grupo de gaitas da Asociación Cultural Follas Novas está formado por socios e alumnos da entidade que interpretan pezas tradicionais da música galega, animando diferentes festas e eventos culturais ao longo do ano.

Tracking Pixel Contents