Carballo impulsa o talento do futuro con campamentos infantís sobre robótica, Intelixencia Artificial e ciberseguridade
Medio cento de nenos e nenas participarán nas actividades, que se desenvolverán ata o 28 de agosto

Daniel Pérez, terceiro pola esquerda, e os concelleiros, cos cativos na entrega de diplomas. / Cedida
A Aula CeMIT de Carballo acolleu este venres a clausura e entrega de diplomas do primeiro dos catro campamentos tecnolóxicos de verán organizados pola concellería de Innovación.
O alcalde, Daniel Pérez, o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, foron os encargados de acompañar á rapazada nesta xornada de peche e entregar os recoñecementos que acreditan a súa participación.
Este primeiro grupo, denominado Pequenos exploradores e dirixido a nenos e nenas de 7 e 8 anos, completou con éxito dez días de formación lúdica de luns a venres.
Ao longo destas dúas semanas, os máis pequenos tiveron o seu primeiro contacto coa tecnoloxía a través de historias dixitais, debuxo, animación e robótica básica, e remataron coa elaboración dun proxecto interactivo.
Iván Andrade amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta primeira quenda e lembrou que o obxectivo desta iniciativa —enmarcada no proxecto Talento km 0 (TALK0)— é "que a mocidade de Carballo non sexa só consumidora de tecnoloxía, senón que aprenda a ser creadora, e para iso debemos proporcionarlles ferramentas que lles dean autonomía e seguridade no mundo dixital actual".
Do mesmo xeito, Mar Eirís quixo destacar a metodoloxía destas actividades: "É moi satisfactorio ver como a través do xogo e da experimentación, os nenos e nenas absorben conceptos complexos de lóxica e matemáticas sen darse conta, reforzando a súa aprendizaxe de cara ao vindeiro curso escolar".
A iniciativa estruturouse en catro campamentos independentes de 14 alumnos/as cada un co fin de garantir unha atención totalmente personalizada e chegar a un total de 56 mozos e mozas do municipio.
A actividade na Aula CeMIT non para, e este vindeiro luns, 20 de xullo, dará comezo o segundo dos bloques programados, Futuros exploradores (para idades de 9 a 10 anos). Neste taller, o alumnado mergullarase no deseño de videoxogos e na linguaxe de programación Scratch.
Durante o mes de agosto completarase o calendario coas quendas de Futuros makers (11-12 anos) —onde se abordará o deseño 3D e a Intelixencia Artificial para nenos— e Makers avanzados (13-14 anos), orientada a adolescentes con contidos específicos de edición de vídeo, creación de mini páxinas web, deseño en Canva, podcast e seguridade dixital.
Con este programa global, como apuntou o alcalde, o Concello de Carballo continúa reforzando o seu compromiso estratéxico coa alfabetización dixital, o pensamento computacional e a capacitación práctica das novas xeracións nas ferramentas dixitais do futuro.
"Apostar por este tipo de campamentos é investir en igualdade de oportunidades e no Carballo do mañá", destacou Daniel Pérez.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima