Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Belén do Campo comproba as obras da cuberta do IES de Oroso

As obras de mellora da cuberta contan cun investimento de case 50.000 euros

Visita de Belén do Campo, delegada da Xunta, ao IES de Oroso

Visita de Belén do Campo, delegada da Xunta, ao IES de Oroso / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou as obras de mellora da cuberta do IES de Oroso acompañada polo alcalde, Alexander Doval. O obxectivo da reforma é continuar coa modernización das infraestruturas educativas e seguir ofrecendo espazos seguros, funcionais, inclusivos e sostibles na comunidade educativa.

O orzamento destinado á reparación da cuberta e dos paneis de policarbonato no IES de Oroso é de case 50.000 euros. A reparación levarase a cabo durante o mes de agosto incrementando a seguridade das instalacións e a mellora das condicións de uso deste espazo exterior. Ademais, estanse a realizar reparacións e labores de mantemento no centro.

Dous investimentos en educación

Ademais deste investimento, a representante do Goberno galego lembrou que a Xunta destinará outros case 50.000 euros no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, na construción dun peche lateral na pista deportiva. A Consellería de Educación destina deste xeito preto de 100.000 euros na mellora dos dous centros educativos de Oroso. Durante a súa visita, a delegada da Xunta subliñou que “investir na calidade das infraestruturas educativas é investir no benestar do alumnado e do profesorado, así como nun ensino público de maior calidade”.

Estas dúas intervencións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, unha estratexia centrada na calidade ambiental, a accesibilidade, a inclusión e a eficiencia enerxética. Belén do Campo destacou a transformación progresiva dos centros educativos galegos e reiterou o compromiso da Xunta con este tipo de actuacións. O obxectivo, remarca, é ofrecer unhas instalacións modernas, seguras e adaptadas ás necesidades tanto do alumnado como do profesorado.

Tracking Pixel Contents