Multitudinaria rapa en Vimianzo, con 110 bestas no curro
Duascentas persoas asistiron o sábado a unha degustación de poldro no Campo da Areosa

Público, aloitadores e bestas no curro do Campo da Areosa, en Vimianzo, este domingo. / Cedida
O Campo da Areosa de Vimianzo acolleu esta fin de semana a XXVIII Rapa das Bestas, organizada pola Asociación Cultural e Cabalar Monte Faro.
Na xornada do sábado tivo lugar a baixada das bestas dende o monte ata o curro, no que este domingo tivo lugar a rapa. Nesta ocasión foron un total de 110 as bestas reunidas para a ocasión.
Tamén o sábado celebrouse unha degustación de poldro, á que asistiron unhas 200 persoas (o prezo do menú era de 15 euros).

Celebración da rapa no curro de Vimianzo. / Cedida
A xornada deste domingo comezou cun espectáculo ecuestre de doma en liberdade a cargo de Paco Martos.
Ás 12.30 horas as bestas foron conducidas ata o curro. Mentres, a música de Begoña García amenizaba a sesión vermú.
Quenes optaron por xantar no Campo da Areosa puideron facelo na polbeira instalada no recinto.
A partir das seis da tarde, numeroso público gozou da espectacularidade do momento no que aloitadores e aloitadoras, de todas as idades, saltaron ao curro para conseguir cortarlle a crina ás bestas salvaxes.
No recinto houbo acampada gratuíta e tamén os cativos tiveron unha zona de ocio, con inchables e obradoiros de pintacaras e globoflexia.
Posteriormente celebrouse entre os asistentes o sorteo dun poldro, que gañou Martín Lema Castiñeira.
A festa rematou cunha nova actuación musical de Begoña García e coa solta das bestas para que regresaran ao monte.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames