Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Valga celebrou a Festa da Caza e do Rural Galego con procesión cabalar e unha degustación de carne

A imaxe de San Huberto, patrón dos cazadores, foi trasladada dende a igrexa de San Miguel ata o parque Irmáns Dios Mosquera

Houbo tamén un mercado de artesanía e de produtos gastronómicos e mostras de cans e de cetrería

Procesión cabalar tras a imaxe de San Huberto, patrón dos cazadores, este domingo en Valga.

Procesión cabalar tras a imaxe de San Huberto, patrón dos cazadores, este domingo en Valga. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Valga

O parque Irmáns Dios Mosquera de Valga acolleu este domingo a primeira edición da Festa da Caza e do Rural Galego, á que asistiron a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde, José María Bello Maneiro.

O rexedor amosouse “encantado” de que esta cita se celebre en Valga e “esperamos que siga celebrándose en anos vindeiros”, dixo. Ademais, desexoulle a todas as persoas chegadas dende outras localidades "que gocen do noso concello e de todas as actividades que forman parte do programa".

Exposicións de cans de caza e de aves de cetrería, un obradoiro de elaboración de moscas e demostracións de pesca, tiro con arco, un mercado de artesanía e produtos gastronómicos e unha degustación de carne de caza foron algunhas desas actividades.

O pregoeiro da festa foi Michel Coya, que cun “viva o rural” pediu "leis feitas por e para o rural, e non redactadas dende os despachos nas cidades".

Durante a mañá entregáronse os Premios Xuntos pola caza, un recoñecemento público a persoas e entidades que traballan pola defensa do rural e da actividade cinexética, así como na divulgación dos valores sociais e ambientais da caza.

O valgués Antonio Santiago Gregorio Tucho foi galardoado co premio Toda unha vida, pola súa traxectoria dedicada ao rural.

Os mozos Antía, Iván e Fran (premio Fervor cinexético), o pregoeiro Michel Coya (como cazador exemplar), a Supercopa Galicia Terra de Melide de rastro (evento cinexético galego), o Safari Club Internacional (entidade cinexética) e a conselleira Ángeles Vázquez (premio Defensa da caza) foron outros dos galardoados.

Ademais, o alcalde tamén recibiu un agasallo pola súa colaboración para que a festa saíra adiante.

Antes do xantar, realizouse unha ofreda floral a San Huberto, patrón dos cazadores, coa participación do párroco Arturo Lores. A imaxe foi trasladada dende a igrexa de San Miguel nunha procesión cabalar.

Tracking Pixel Contents