SANIDADE
Autobuses gratuítos para que as mulleres de Carballo participen no cribado de mama
As probas realizaranse en agosto e ata mediados de setembro no Hospital Abente y Lago da Coruña

Una mujer se prepara para que le realicen una mamografía. / Cedida
A Xunta continuará prestando, durante o mes de agosto, o servizo de autobuses gratuítos a disposición das veciñas do concello de Carballo para facilitar a participación no cribado de cancro de mama.
A Consellería de Sanidade está a enviar mensaxes SMS ás citadas informando de que as probas están programadas para todos os días hábiles do mes de agosto, e continuarán ata mediados do mes de setembro, na unidade de exploración do Hospital Abente y Lago da Coruña.
Co fin de facilitar os desprazamentos, ofertaranse dous horarios de saída. O primeiro para as mulleres citadas entre as 09.00 e as 10.00 horas e o segundo para as mulleres citadas das 12.30 en diante.
Paradas dos autobuses
As paradas dos autocares serán na Capela da Milagrosa (8.00 e 11.15 horas), diante da estación de autobuses, fronte ao antigo Mercadona (8.05 e 11.20 horas), na rúa Perú (8.07 e 11.22 horas), rúa Vázquez de Parga (8.10 e 11.25 horas) e Bértoa, diante da igrexa (8.15 e 11.30 horas). Os regresos serán organizados unha vez realizadas as exploracións.
O programa galego de detección precoz de cancro de mama diríxese a mulleres de 50 a 74 anos. A participación no cribado acadou o 84,8 % en 2024 en toda Galicia.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Cristina Pedroche se rinde a Galicia durante sus vacaciones: 'Me voy completamente enamorada ¿Me hacéis un hueco?
- Casi 9.000 gallegos llevan más de dos años sin trabajar pese al récord de empleo: qué hay detrás del paro de larga duración
- De la dirección de la Universidad de Santiago a la gestión del Centro de Supercomputación de Galicia: María Pilar Martínez García será la primera gerente del Cesga
- Hartazgo de los vecinos del casco histórico de Santiago ante la masificación turística: «Hai que pedir permiso para circular pola nosa cidade»
- Más vivienda pública en Santiago: luz verde a un nuevo edificio de 33 pisos a precios asequibles
- Miles de personas agotan en apenas tres horas las existencias de la Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz
- Fly2Galicia pone a la venta vuelos a ocho destinos desde el aeropuerto de Santiago