Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

URBANISMO

A Laracha renovará espazos clave: Les Sables d'Olonne, Puntas das Ondas e Cancelo do Medio

Catro empresas optan a executar as obras, que serán financiadas con cargo ao POS+

A praza Les Sables d'Olonne acolleu o domingo a proxección da final do Mundial de fútbol.

A praza Les Sables d'Olonne acolleu o domingo a proxección da final do Mundial de fútbol. / C.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

Catro empresas optan a resultar adxudicatarias do proxecto que inclúe a mellora da praza Les Sables d'Olonne, na Laracha, da praza Punta das Ondas, en Caión, e da estrada no Cancelo do Medio, na parroquia de Cabovilaño. O orzamento ascende a 71.147,62 euros.

Na praza Les Sables d'Olonne levarase a cabo a renovación do pavimento mediante o fresado das zonas necesarias e a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a superficie. Ademais, renovarase a sinalización horizontal e vertical e reforzarase o equipamento urbano.

"Esta praza é o principal espazo de celebracións da capital municipal ao acoller boa parte dos eventos multitudinarios que se organizan ao longo do ano, e funciona tamén habitualmente como zona de estacionamento para os veciños residentes e usuarios do IES Agra de Leborís, da Biblioteca Municipal e da Casa da Cultura", subliñan dende o goberno local.

Antigas casetas dos mariñeiros

A praza Punta das Ondas localízase en Caión, na parte posterior da cetaria, a carón do paseo marítimo e moi próxima ao Centro Sociocomunitario da vila. Ese ámbito acolle varias das antigas casetas dos mariñeiros. O proxecto contempla a renovación do pavimento mediante a aplicación dun firme asfáltico, o acondicionamento das marxes para integralas na praza e a renovación da sinalización horizontal. Tamén se inclúen melloras na rede de recollida de pluviais.

No Cancelo do Medio, na parroquia de Cabovilaño, intervirase sobre dúas estradas municipais que suman un total de 167 metros lineais. As obras inclúen a limpeza de cunetas, o acondicionamento das plataformas, a mellora da base do firme, a pavimentación con aglomerado asfáltico e a nova sinalización.

Por outra banda, unha única empresa opta a executar o afirmado e a mellora da capa de rodadura en varias vías do núcleo de Lista, na parroquia de Lendo. Neste caso o orzamento supera os 52.000 euros.

Ambos proxectos serán cofinanciados pola Deputación da Coruña ao estar incluídos no Plan Único Concellos POS+.

Tracking Pixel Contents