PATRONAIS
Ráfaga, Malleira e fogos piromusicais para unha Xunqueira de alto voltaxe en Cee
As festas celebraranse do 13 ao 16 de agosto e incluirán o pregón de Rocío Leira, DJ locais e orquestras

Romero, esquerda, e Lamela, cos membros da comisión de festas. / J. M.
Cee xa ten cartel das Festas da Xunqueira 2026. Serán catro días de troula, do 13 ao 16 de agosto, con propostas para todos os públicos. A programación foi presentada nun acto presidido pola alcaldesa, Margot Lamela, no que participaron tamén o concelleiro de Festas, Sergio Romero; e a presidenta da comisión da Xunqueira, Verónica Bonilla, e outros membros da entidade organizadora.
As celebracións comezarán o día 13 co pregón da escritora e matemática Rocío Leira, ao que seguirá o Ceestival protagonizado polos Dj's ceenses Iván Lema, Iván Pereira, Rakso, Karpio, Alfonso, Manel Muñoz, Martín Pérez, Pepe Formoso e Guillermo. "Intentamos que estiveran os de todas as épocas e, aínda que algúns non puideron estar, temos un bo cartel, con nomes bastante coñecidos comarca", afirmou Verónica Bonilla.
Concerto do grupo local Malleira
O día 14 a música correrá a cargo da orquestra Capitol e a disco móbil Mega CDC, e o 15, día grande, haberá pasarrúas a cargo da Charanga O Rumbo, sesión vermú coa Banda de Música de Cee e o grupo Erich Hidalgo Prime, que actuará tamén na verbena coa orquestra Finisterre Project. A xornada completarase co concerto do grupo local Malleira.
A medianoite terá lugar tamén a tradicional sesión de fogos artificiais piromusicais. Dende a comisión recomendan achegarse ao paseo marítimo para gozar do espectáculo en plenitude "porque non é o mesmo ver os fogos que velos e escoitalos".
As festas chegarán ao seu fin o domingo 16, festividade de San Roque. A Charanga Peta Forte encargarase dos pasarrúas e, a partir das 13.30 horas, haberá unha macro sesión vermú amenizada pola Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, a orquestra Escaparate, Judith Cundíns e o grupo de gaitas A Tripulasión.
Concerto de peche con Ráfaga
Pola tarde, a partir das 17.00 horas no paseo marítimo, haberá festa infantil. A última verbena estará animada pola orquestra Escaparate e completarase co concerto estrela das festas a cargo da banda arxentina Ráfaga. O peche festivo chegará da man do DJ Rubén Martínez.
A presidenta da comisión de festas, Verónica Bonilla, agradeceu o apoio do Concello e o esforzo dos seus compañeiros, "porque o están facendo moi ben. Agardamos cos brazos abertos a todo o mundo para que gozen das nosas festas".
A alcaldesa, Margot Lamela, subliñou que "sen o gran traballo da comisión estas festas non serían posibles" e sinalou que "dende o Concello xa estamos a traballar na parte que nos toca". Así, sinalou que están en fase de licitación da iluminación, os enganches dos chiringuitos, e a contratación dun enxeñeiro para facer os controis das atraccións e dos chiringuitos".
Pola súa banda, o concelleiro de Festas, Sergio Romero, destacou o labor da comisión, "que non se ve na rúa, pero está aí. Son xente que adica parte do seu tempo para que todos poidan gozar deste impresionante cartel". "Son as festas que todos estamos esperando, e máis aló do interese do cartel, son días para estar todos xuntos", concluíu.
Un Punto Violeta
Este ano haberá tamén un Punto Violeta, que estará situado na planta baixa do Concello e habilitaranse baños públicos.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto