MOBILIDADE
Teo activa un sistema de videovixilancia nas principais vías do municipio
As cámaras incorporarán lectura automática de matrículas

Casa consistorial de Teo. / Cedida
Redacción
O Concello de Teo vén de instalar un sistema de cámaras de videovixilancia en distintos puntos estratéxicos dos accesos por estrada ao municipio, co obxectivo de reforzar a seguridade e facilitar as funcións de control que corresponden á Policía Local no exercicio das súas competencias.
As cámaras sitúanse nas principais vías de entrada e saída do termo municipal, permitindo a observación do estado da circulación e a obtención de información necesaria para a xestión das incidencias de tráfico, a prevención de situacións de risco e a investigación, cando proceda, sempre de acordo coa normativa vixente.
O sistema incorpora tecnoloxía de lectura automática de matrículas como ferramenta de apoio ás funcións legalmente atribuídas ás autoridades competentes en materia de tráfico e seguridade. O seu uso realizarase exclusivamente para as finalidades previstas na lexislación aplicable e baixo os principios de necesidade, proporcionalidade e minimización de datos.
Respecto das garantías legais
O Concello quere trasladar á cidadanía que este sistema "foi deseñado respectando as garantías establecidas na normativa de protección de datos e na lexislación reguladora da utilización de videocámaras por parte das Forzas e Corpos de Seguridade".
En particular, as cámaras están orientadas exclusivamente cara ás vías públicas e aos accesos ao municipio, polo que non se captarán imaxes do interior de vivendas nin doutros espazos especialmente protexidos. O sistema non realiza gravación de son e o acceso ás imaxes queda restrinxido exclusivamente ao persoal e ás autoridades legalmente habilitadas.
Por último, cómpre sinalar que as gravacións conservaranse unicamente durante o prazo legalmente establecido, salvo que deban preservarse por estar relacionadas cunha investigación policial, un procedemento administrativo ou un proceso xudicial.
Carteis informativos
Nas distintas localizacións están instalados os correspondentes carteis informativos que comunican á cidadanía a existencia do sistema de videovixilancia, a identidade do responsable do tratamento e a forma de obter información adicional sobre o tratamento dos datos persoais e o exercicio dos dereitos que resulten aplicables.
Con esta actuación, o Concello pretende contribuír á mellora da seguridade e á xestión máis eficiente da mobilidade no municipio, empregando medios tecnolóxicos que permitan apoiar o labor da Policía Local dentro do marco legal vixente e co máximo respecto aos dereitos fundamentais da cidadanía.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames