Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO

Vimianzo abre unha nova xanela ao turismo de natureza no encoro de Orbellido

O Concello transforma un inmoble municipal nun centro de interpretación

Paneis divulgativos no Centro de Interpretación do Encoro de Orbellido.

Paneis divulgativos no Centro de Interpretación do Encoro de Orbellido. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O Concello de Vimianzo vén de rematar as obras de reforma do inmoble que acollerá o novo Centro de Interpretación do encoro do Orbellido, na parroquia de Baiñas. A actuación foi financiada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e supón un novo impulso á posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico do municipio.

A intervención permitiu rehabilitar integralmente o edificio, mellorando as súas condicións de conservación, funcionalidade e accesibilidade. Os traballos incluíron actuacións para eliminar humidades, renovar pavimentos e carpinterías, mellorar os acabados interiores e instalar sistemas de ventilación e deshumidificación, ademais de dotar o espazo de mobiliario e paneis interpretativos que permitirán divulgar os valores ambientais, históricos e culturais da contorna do encoro do Orbellido.

Unha das salas multiusos do inmoble recuperado en Orbellido.

Unha das salas multiusos do inmoble recuperado en Orbellido. / Cedida

O investimento total da actuación ascendeu a 25.842,45 euros (IVE incluído), financiados polo GDR, o que permitiu recuperar un edificio municipal e transformalo nun novo recurso turístico, educativo e divulgativo para a parroquia de Baíñas e para todo o concello.

Unha das salas do novo centro de interpretación do encoro de Orbellido.

Unha das salas do novo centro de interpretación do encoro de Orbellido. / Cedida

O tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, destacou que "esta actuación supón recuperar un espazo que estaba en desuso para convertelo nun equipamento que contribuirá a divulgar a riqueza natural e patrimonial do encoro do Orbellido. Queremos que este centro sexa un punto de encontro para a veciñanza e para quen nos visita, reforzando a oferta turística e educativa de Vimianzo e poñendo en valor un enclave de gran importancia para o noso municipio".

Con esta actuación, o Concello de Vimianzo continúa avanzando na recuperación de espazos públicos e na creación de novos recursos que contribúan á dinamización das parroquias, á conservación do patrimonio e ao impulso dun modelo de desenvolvemento rural sostible.

Tracking Pixel Contents