LECER
Arzúa Viva volve con xogos, obradoiros e actividades para todos os públicos
A cita é o domingo na Carballeira de Santa María a partir das 17.00 horas

Momento dunha edición anterior de Arzúa Viva. / Cedida
Redacción
A Carballeira de Santa María, situada detrás do pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 26 de xullo, a décimo novena edición do programa Arzúa Viva, con actividades de lecer e actuacións para público infantil e a mocidade.
De 17.00 a 21.00 horas haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais de madeira e outras moitas actividades recreativas, como un fotomatón e un touro mecánico. Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar un espectáculo de monicreques. Como remate celebrarase a Festa da Escuma.

Cartel promocional de Arzúa Viva 2026. / Cedida
Arzúa Viva é unha iniciativa do Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, e a asistencia a todas as actividades é totalmente de balde e de acceso libre.
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima a todas as familias "a participar nesta xornada pensada para o desfrute de todas e de todos con actividades que buscan o entretemento e pasalo ben, mais tamén a convivencia entre veciñas e veciños nun ambiente festivo e de lecer".
- Detenido un lucense tras atropellar intencionadamente a un vecino de Bertamiráns que falleció horas después
- La política gallega, 'cerrada por vacaciones': de la ruta en moto por Portugal de Rueda a los días de Pontón en A Illa de Arousa y de Besteiro en A Mariña
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Detenidos los miembros de una banda que robaba a personas mayores en aparcamientos de Ames con el método de 'la siembra
- La Guardia Civil investiga como asesinato el atropello intencionado de Bertamiráns al apreciar indicios de alevosía
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto
- Un popular influencer gastronómico descubre 'una joya oculta' de Santiago: 'Es un viaje en el paladar
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años