Brión apoia as emprendedoras do rural cun curso e un servizo de asesoramento individualizado
A participación é totalmente gratuíta e ambas as accións formativas desenvolveranse do 9 ao 17 de setembro

O curso impartirase na aula Cemit de Brión. / Cedida
O Concello de Brión abre o prazo de inscrición en dúas iniciativas formativas gratuítas dirixidas a mulleres emprendedoras do rural: un curso e un servizo de mentorizacions e asesoramentos individualizados.
“Trátase dunha iniciativa gratuíta na que as mulleres emprendedoras de Brión poderán atopar información e un apoio personalizado para facer medrar o seu negocio, adaptarse ás novas normativas e avanzar cos proxectos”, sinala Rosa Romero, concelleira de Servizos Sociais.
O programa formativo desenvolverase do 9 ao 17 de setembro, ben de forma presencial, na aula Cemit, ben on line, con total flexibilidade de horarios.
Entre a formación que recibirán as mulleres que participen neste programa figuran seis eixos temáticos: vantaxes da economía social, creación dunha web, creación dunha tenda on line, programas de xestión para pequenas empresas, Verifactu e novas normativas obrigatorias para empresas, contido dixital e redes sociais e automatización de procesos e ferramentas de intelixencia artificial.
A participación é gratuíta, se ben o número de prazas é limitado.
Paralelamente, o Concello porá en marcha un servizo gratuíto de mentorización para mulleres emprendedoras, con apoio personalizado para desenvolver unha idea, mellorar a xestión dun negocio ou adaptarse ás novas obrigas legais.
O servizo pode solicitarse xunto ao programa anterior ou sen el, xa que estes asesoramentos individualizados “están especialmente dirixidos a mulleres que teñan un negocio, unha idea de negocio ou queiran iniciar unha actividade por conta propia”, explica Rosa Romero.
Os asesoramentos abordarán como adaptarse ás novas normativas (Verifactu, facturación electrónica e outras obrigas legais), como mellorar a xestión do negocio para optimizar os recursos e como aproveitar oportunidades como as que ofrece o espazo colaborativo do coworking Transformando en Brión.
A participación é gratuíta, se ben o número de prazas é limitado. Estas dúas iniciativas están organizadas polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares