Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dezanove comercios ofrecerán grandes descontos e repartirán 1.500 euros en premios na feira Mercamelide na rúa

Celebrarase do sete ao nove de agosto, coincidindo coa Feira Medieval de Melide

O concelleiro de Comercio de Melide, Xosé Igrexas, con directivas de Asetem na presentación da feira Mercamelide na rúa.

O concelleiro de Comercio de Melide, Xosé Igrexas, con directivas de Asetem na presentación da feira Mercamelide na rúa. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Melide

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello, celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto a feira Mercamelide na rúa en preto dunha vintena de comercios locais da vila, que ofrecerán grandes descontos nunha ampla variedade de artigos e repartirán 1.500 euros en premios.

Nesta nova edición do Mercamelide na rúa participan 19 comercios de proximidade de diversos sectores: Stardemoda, Froitas Jose da Andaluza, Electrosan, Sueños, Flor de Toxo, Tu Boutik, Romero Zapaterías, Sarela, Siken, Floristería Maru, Sisuka, Cousas Novas, Toysmaniatic Melide, Viñoteca Ribeirao, Moda VY Melide, Calzados Broz, Magnin, Leiva Motosport e Lola Lolita Lola.

Durante os tres días que durará a campaña de oportunidades, o venres 7 pola tarde, o sábado 8 todo o día e domingo 9 pola mañá os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock.

O horario das tendas será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A maiores, estes establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os participantes con facilidade.

Ademais, entre a xente que merque durante a feira haberá un sorteo, o 11 de agosto, de 1.500 euros en premios para gastar nos establecementos participantes.

A isto hai que engadirlle que os comercios asociados a Asetem terán uns rascas, polo que cada compra poder ter un premios a maiores: un agasallo promocional de verán.

Dende o equipo directivo de Asetem fan fincapé nos obxectivos principais que ten Mercamelide na rúa: axudar e impulsar as vendas daqueles produtos en stock que os establecementos de proximidade non conseguiron vender en tempada.

Un ano máis, Mercamelide na rúa celebrarase os mesmos días que a Feira Medieval, polo que veciñanza e visitantes non terán escusa para non visitar Melide esa fin de semana.

TEMAS

Tracking Pixel Contents