Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CELEBRACIÓN

O rei Afonso IX e a dama italiana regresan a Camariñas nunha viaxe a través da historia

O encontro O Encaixe no Camiño complementarase cunha Festa do Marisco

Recreación teatral da visita do rei Afonso IX a Camariñas en 1228.

Recreación teatral da visita do rei Afonso IX a Camariñas en 1228. / J. M. R.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Camariñas

Camariñas emprende esta fin de semana unha nova viaxe no tempo a través da historia e a artesanía, aderezada cunha festa do marisco, da man da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística (Aept), co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello e doutras entidades colaboradoras.

Cartel promocional do Encaixe no Camiño, de Camariñas.

Cartel promocional do Encaixe no Camiño, de Camariñas. / Cedida

Do 24 ao 26 de xullo, a vila acollerá unha nova edición do Encaixe no Camiño, que arrincará o venres, ás 17.00 horas, coa apertura do Mercado Medieval que, ao longo de toda a fin de semana, acollerá postos de artesanía e gastronomía e estará amenizado con espectáculos de rúa, actuacións musicais e un desfile de moda.

O sábado, día 25, volverá a Camariñas o rei Afonso IX para rememorar a súa visita oficial do ano 1228. A comitiva que o recibirá partirá ás 11.30 horas dende a Casa de Pedra cara ao porto. Ao mediodía está previsto que o monarca desembarque no peirao camariñán, onde será recibido por veciños e autoridades.

Cartel promocional da Feira do Marisco.

Cartel promocional da Feira do Marisco. / Cedida

O domingo, día 26, o rei Afonso IX porá rumbo a Cereixo (Vimianzo) acompañado pola veciñanza. A comitiva partirá a pé da Praza do Mercado e, ao longo do percorrido, fará parada en Xaviña. Nos dous núcleos recrearase teatralmente como foi a viaxe do monarca a este recuncho da Costa da Morte.

Pola tarde, a partir das 18.30 horas, chegará ao porto a dama italiana que, segundo a lenda, ensinou a palillar ás mulleres de Camariñas. Unha historia que tamén será recreada teatralmente e que se complementará cun desfile de moda a pé de rúa e unha exhibición en vivo a cargo de palilleiras locais.

Festa do Marisco

O sábado, a partir das 19.00 horas na Praza do Mercado, celebrarase a Festa do Marisco, que estará amenizada musicalmente polo grupo O Tren da Unha.

Tracking Pixel Contents