ESTREA EN YOUTUBE
Oficios, memoria e territorio: Camariñas amosa a súa esencia en 'Orígens'
O documental dá voz a mariñeiras, palilleiras e proxectos rurais que manteñen viva a esencia da Costa da Morte

A mariscadora YaquiLista co director do documental Jaume Bernabeu. / Cedida
Camariñas será a gran protagonista da estrea do segundo capítulo de Orígens, un coidado proxecto documental independente que viaxou ata Galicia para dar voz ás persoas que manteñen vivos os oficios, a memoria e as formas de vida ligadas ao territorio na Costa da Morte.
Tras un primeiro capítulo rodado na Comunidade Valenciana, Orígens desprazouse á Costa da Morte. A maior parte do documental gravouse nas rúas, no mar e nas casas de Camariñas e nas súas parroquias, aínda que o equipo tamén percorreu outros recunchos de Muxía e Vimianzo.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca que "dende o Concello amosamos o noso orgullo por ter colaborado coa difusión desta iniciativa, xa que a peza achégase de forma moi humana e pausada á nosa esencia: o mar, o noso inestimable encaixe, a cociña de proximidade e a riqueza da vida rural".

Sara e Dani, impulsores de Agocho do Bico, con Jaume Bernabeu. / Cedida
O que fai verdadeiramente especial este proxecto son os seus protagonistas. A través de diferentes testemuños, o documental emociona coa historia de veciños e veciñas fundamentais para entender Camariñas hoxe en día.
Entre eles atópanse Yaqui Lista, mariñeira e mariscadora; Lola, palilleira que mantén viva a arte fío a fío; e Sara e Dani, impulsores de Agocho do Bico, un proxecto gastronómico que nace desde a valente e necesaria decisión de volver ao rural para construír vida no seu territorio.
"Foi unha experiencia única. Ter a oportunidade de que persoas que non te coñecen de nada abran as portas da súa casa, do seu oficio ou do seu negocio para contar a súa historia é algo que dá sentido a todo o proxecto", explica Jaume Bernabeu, creador, impulsor e financiador desta iniciativa independente.
O obxectivo de Orígens é dar visibilidade e voz ás zonas rurais, amosando de forma visual as historias que moitas veces quedan fóra do foco mediático, fuxindo do contido rápido e fugaz que impera hoxe en día.
Cando e onde velo?
O capítulo Orígens · A Costa da Morte estrearase este mércores, 22 de xullo, ás 20.00 horas de forma totalmente gratuíta e aberta na canle de YouTube Orígens Documental. A ligazón tamén estará dispoñible a través das redes sociais do proxecto e do Concello.
Dende a Administración local animan a toda a veciñanza "a non perder esta estrea, a gozala en familia e a compartila para que o orgullo polo noso pobo, a nosa ría e a nosa xente chegue o máis lonxe posible".
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames