Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Paddy Bushe, Carlos Núñez e doce voces cantan á fin da terra en 'Bela Fisterra'

O videopoema percorre dunas e camiños de Costa da Morte e interpela aos viaxeiros

Paddy Bushe, Carlos Núñez e doce voces cantan á fin da terra en 'Bela Fisterra'

Juan Lesta

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Fisterra

O videopoema Bela Fisterra xa é unha realidade. Trátase dun proxecto que acompaña e amplía a viaxe do poeta irlandés Paddy Bushe a Fisterra, a costa terminal onde a terra parece rematar e comezar de novo.

O poema, escrito orixinalmente en gaélico, "desprega a súa visión da fin do mundo en catro linguas (galego, gaélico, castelán e inglés) e está plasmado nun coro de voces vinculadas á cultura galega, á Costa da Morte e á poesía", afirma Pepe Formoso, director do Hotel Bela Fisterra, impulsor da produción audiovisual.

Os versos compleméntanse cun percorrido visual pola Costa da Morte, no que as dunas e camiños dialogan coas palabras para interpelar o viaxeiro.

Cartel promocional do videopoema 'Bela Fisterra'.

Cartel promocional do videopoema 'Bela Fisterra'. / Cedida

Dirixida polo creador Juan Lesta, con música de Carlos Núñez, a peza entrelaza paisaxe, linguaxe e memoria para converter a Bela Fisterra, a fin da terra, nun punto de partida máis que nunha chegada. As voces de doce artistas completan unha produción, coa que colaboraron Xoanxo Cespón, Fíona de Buis, Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Yolanda Castaño, Paddy Bushe, David Clark, Marilar Aleixandre, Antonio de Toro, Rocío Blanco, Pepe Formoso e Pilar Astray.

Ademais, a habitación Marea Viva do hotel fisterrán está tematizada co videopoema e cunha foto do poeta irlandés.

Marea Viva é un concepto exclusivo, de xeito que un ou unha artista contemporánea, seleccionado por un comité de sabios, habita o cuarto, inspírase, crea e con esa obra tematízase a habitación durante un tempo indeterminado. 

Tracking Pixel Contents