Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AMIPA converte o Camiño de Santiago nun espazo de inclusión

No proxecto 'Camiño á Inclusión', persoas con discapacidade intelectual recibirán e orientarán aos peregrinos

Usuarios de AMIPA na primeira xornada do proxecto Camiño á Inclusión

Usuarios de AMIPA na primeira xornada do proxecto Camiño á Inclusión / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Camiño de Santiago convértese un ano máis nun espazo de encontro, inclusión e participación social grazas á nova iniciativa impulsada pola Asociación AMIPA, que desenvolverá os días 24 e 29 de xullo unha nova xornada do proxecto Camiño á Inclusión. Esta iniciativa promove a participación activa de persoas con discapacidade intelectual ao longo do Camiño Portugués. A actividade desenvolverase no adro da igrexa da Escravitude, no Concello de Padrón, onde un grupo de persoas usuarias de AMIPA ofrecerá orientación e información ás persoas peregrinas entre as 9.00 e as 12.00 horas.

Esta iniciativa enmárcase nun programa de formación específica sobre a historia do Camiño de Santiago que AMIPA ofrece aos seus usuarios, proporcionándolles coñecementos relacionadas coa atención á persoa peregrina, comunicación accesible, patrimonio rural galego, habilidades sociais e outros aspectos relacionados coa hospitalidade. Durante a actividade tamén selarán credenciais e darán a coñecer recursos da contorna, ademais de compartir coa veciñanza e coas persoas visitantes os diferentes produtos de artesanía e papelería elaborados nos diferentes obradoiros de AMIPA, inspirados no Camiño e na comarca do Sar.

Papel activo das persoas usuarias

A actividade Camiño á Inclusión aposta por un modelo no que as persoas con discapacidade intelectual xogan un papel activo como anfitroas. O obxectivo do proxecto é favorecer o intercambio cultural e de coñecementos con persoas procedentes de diferentes países.

Esta iniciativa desenvólvese en colaboración con Alma Peregrina e co apoio da axencia especializada Galiwonders, que colabora con recursos económicos, materiais e persoal en relación para o desenvolvemento da actividade no Camiño Portugués ao seu paso pola parroquia da Escravitude. O proxecto nace tamén da vontade das persoas usuarias de AMIPA, que buscan participar de xeito activo na comunidade e desenvolver iniciativas propias.

Tracking Pixel Contents