Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unto Vello presenta 'Inmaterial' en Carballo este xoves

Ao concerto precederalle unha visita guiada lembrando a Carlos 'O Xestal'

Concerto de Unto Vello no Pampallín de Outes

Concerto de Unto Vello no Pampallín de Outes / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

Unto Vello actuará este xoves 23 no Miradoiro de Santa Irene-Lema, en Carballo, ás 20.30 horas presentando Inmaterial, o seu novo álbum. Este último disco do grupo de música tradicional nace froito dun intenso labor de investigación e reinterpretación das músicas tradicionais galegas, no que a voz, a percusión, a gaita e o acordeón son os protagonistas.

O dúo, formado por músicos de Arzúa e Cee e creado en 2024, ofrece unha proposta que bebe da tradición para proxectala cara ao presente, mantendo viva a riqueza do patrimonio musical galego co obxectivo de recuperar o espírito das foliadas e contribuír a manter viva a tradición musical galega. No seu segundo ano de traxectoria, o grupo recibiu nomeamentos aos Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceu máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol ou o Ponte Farruca.

Concerto e visita guiada

O concerto do grupo de música tradicional será o encargado de inaugurar o ciclo Son de Aquí, incluído na programación de Ondas Culturais de Carballo, e estará precedido dunha visita guiada á contorna de Baldaio. Nesta visita lembrarase a figura de Carlos 'O Xestal', un humorista, músico e activista galego falecido en 1993. A visita guiada require inscrición previa a través da páxina web do Concello de Carballo.

A iniciativa Son de Aquí continuará durante o verán ofrecendo actuacións nalgúns dos puntos máis singulares de Carballo: na igrexa de Sísamo con Sofía Espiñeira o 6 de agosto, na igrexa de Sofán con Manu Sija o 20 de agosto e no barrio do Chorís con Do Rivés o 21 de agosto. Nestas actuacións búscase manter a mesma filosofía de combinar a música en directo coa descuberta da historia e da identidade de cada un destes espazos.

Tracking Pixel Contents