Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EXPOSICIÓN

'Retratos para lembrar': a veciñanza de Camelle, debuxada a lapis por Pose

A mostra pode verse no Museo Man e en bares e restaurantes da vila ata o 31 de xullo

O artista agasallará as súas obras aos veciños e veciñas retratados

Xosé Pérez 'Pose' e Begoña Tajes diante dalgúns dos retratos no Museo Man.

Xosé Pérez 'Pose' e Begoña Tajes diante dalgúns dos retratos no Museo Man. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Camariñas

O Museo Man de Camelle, de Camariñas, acolle a exposición Retratos para lembrar. Baixo o pseudónimo de Pose, Xosé Pérez inmortalizou as facianas dos seus veciños e veciñas nunha singular colección artística. Poderá visitarse ata o día 31 de xullo.

"Isto está pensado dende o ano 2021", asegura Pose, que xa tiña entón unha idea bastante clara do resultado desexado. A compilación reúne moitos dos seus amigos e veciños de Camelle a través das súas caras, debuxadas a lapis sobre papel. Para os homes, optou por utilizar principalmente a técnica do branco e negro, mentres que despregou a paleta de cores completa nos retratos femininos.

Varios dos asistentes ao acto inaugural da exposición no Museo Man.

Varios dos asistentes ao acto inaugural da exposición no Museo Man. / Cedida

Begoña Tajes, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Camariñas, presidiu o acto de inauguración e acompañou ao autor mentres este amosaba o froito de anos de esforzo.

Cartel promocional da exposición.

Cartel promocional da exposición. / Cedida

O Museo Man non é o único local onde desfrutar destas obras. Multitude de bares e restaurantes da contorna comprometéronse coa iniciativa, exhibindo retratos dentro dos establecementos nunha mostra de afecto comunitario. O Café Pub Marítimo, o Miña Nai, o Café Bar Rotterdam, O Paella ou o Estanco Bar son algúns dos locais onde atopar estes debuxos.

Ao remate do mes, Pose agasallará todas as pezas ás persoas que representan. Expresa que se trata dunha exposición "sen ánimo de lucro", pero que enriquece aínda máis o patrimonio cultural do lugar.

Tracking Pixel Contents