Ames xa ten pregoeiros para as súas festas por partida dobre
Milladoiro e Bertamiráns contarán con dous pregóns para celebrar o arranque e o peche das festas

Blas García presentando aos pregoeiros do ano pasado
Iker Cotón
En Ames xa contan os días para dar comezo ás súas xornadas festivas o venres 31 de xullo. As 10 xornadas festivas comprenden as festas da Madalena, no Milladoiro, e as festas da Peregrina, en Bertamiráns. A dualidade das celebracións trasládase tamén ao inicio oficial dos festexos, xa que o Concello volve apostar por un pregón dobre para representar tanto a Bertamiráns como a Milladoiro.
Os dous pregóns
O pregoeiro de apertura das celebración será o presidente da SD Milladoiro, José Manuel Dacosta, encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas da Madalena. O club que preside acadou o fito histórico de conseguir o título de liga cos dous equipos xuvenís, logrando os ascensos á Liga Galega, co Xuvenil A, e á Segunda Futgal, co Xuvenil B.
No caso de Bertamiráns, o pregón de peche das Festas da Peregrina correrá a cargo de Isolina Martínez, mestra filloeira de 87 anos con experiencia en televisión, onde participou no Canal Cocina. Isolina recibiu a noticia con moita alegría: "Por estas troulas pasaron os mellores artistas como Os Satélites, Pucho Boedo...".
Ames en Festas
O programa festivo encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 31 de xullo ata o domingo 9 de agosto. Desde o Concello destacan as propostas musicais para todos os públicos e gustos, coa presenza de orquestras da verbena galega, sen esquecer os artistas e grupos emerxentes nin estilo como o pop e rock, entre outros xéneros musicais, en galego.

Porgrama de 'Ames en Festas 2026' / Concello de Ames
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla