PREMIOS BNG
O galego vende: Bergantiños recoñece os negocios que apostan pola lingua
Fíos de Cores, Libraría Risón, María Moda e Lenda foron distinguidos pola súa contribución á normalización do galego

Os premiados con representantes do BNG en Ponteceso. / BNG
O BNG entregou en Ponteceso os Premios Bergantiños Negocios en Galego, que recoñecen ás empresas que contribúen á presenza normalizada da lingua galega no ámbito económico, demostrando que o idioma tamén é unha lingua de empresa, innovación, calidade e futuro. Estes premios son unha continuidade e, ao mesmo tempo, unha renovación, dos Premios Patria e Lingua, que se viñan celebrando na comarca.
Os negocios premiados foron Fíos de Cores, en Ponteceso; Libraría Risón, en Laxe; María Moda, na Laracha; e Lenda, en Carballo. Representantes de cada establecemento premiado recibiron un agasallo da man dos portavoces municipais do BNG das localidades onde están situados.
Unha ferramenta para comunicar e diferenciarse
Dende o BNG destacan que "nestas empresas a lingua galega forma parte da súa maneira de traballar, de atender a clientela, de crear confianza e de construír relacións". A formación nacionalista quere pór en valor as empresas que crean riqueza na comarca e que fan do galego unha ferramenta útil para comunicar, diferenciarse e fortalecer a confianza coa súa clientela.
O acto de entrega dos premios tivo lugar na Eira Bar de Ponteceso e contou coas intervencións de Fátima Rodríguez, portavoz do BNG de Ponteceso; Daniel Pérez, alcalde de Carballo; e Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento galego.
No evento tamén estiveron presentes representantes do BNG das sete localidades da comarca, ademais do responsable comarcal, Xosé Manuel Pose; o deputado Óscar Insua; e o responsable comarcal de Lingua do BNG Bergantiños, Xosé Cotelo.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto