RESOLUCIÓN
A Xunta frea a explotación mineira de Coéns, en Laxe, por incumprir esixencias ambientais
O Concello celebra a denegación e mantén a súa oposición aos permisos de investigación no municipio

Vista aérea do lugar de Coéns e da zona na que se proxecta a nova explotación mineira. / X. G.
O Concello de Laxe informa da resolución pola que a Xunta de Galicia denega a solicitude de concesión de explotación mineira Don Sebastián Fracción 1ª, para extraer caolín e outros minerais no lugar de Coéns, "ao non cumprir as esixencias ambientais necesarias para a súa tramitación".
O goberno local, que preside Francisco Charlín, valora "moi positivamente esta decisión", ao considerar que se trata dunha "actuación con potencial incidencia sobre o territorio, o medio ambiente, a paisaxe, os núcleos habitados e, en definitiva, sobre a calidade de vida da veciñanza".
Neste sentido, o Concello lembra que tamén presentou os correspondentes recursos fronte aos permisos de investigación mineira que afectan ao municipio e á súa contorna, ao entender que "é imprescindible que este tipo de proxectos sexan analizados con todas as garantías desde o punto de vista urbanístico, ambiental, patrimonial e social".
Compromiso coa defensa dos intereses da veciñanza
O executivo municipal quere trasladar "unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía", reiterando o seu "firme compromiso coa defensa dos intereses de Laxe e da súa veciñanza". O Concello, engaden, "continuará impulsando todas as actuacións que estean ao seu alcance para evitar que proxectos que poidan supoñer un impacto negativo sobre o territorio prosperen sen o cumprimento estrito da legalidade e das garantías esixibles".
Desde o goberno municipal insístese en que "esta postura non supón un rexeitamento á actividade económica nin ao desenvolvemento, senón a defensa dun modelo compatible coa protección do patrimonio natural e cultural, do medio ambiente e do benestar da veciñanza".
Preservación dos valores naturais e ambientais
A este respecto sinalan que "o Concello non está en contra da actividade económica, pero si defenderá sempre que calquera actuación no territorio respecte a legalidade, o medio ambiente, o patrimonio e a vida diaria dos veciños e veciñas de Laxe".
Dende a Administración local seguirán informando puntualmente de todas as actuacións que se leven a cabo neste ámbito, "mantendo como prioridade a defensa do interese xeral do municipio e a preservación dos seus valores naturais, ambientais e paisaxísticos".
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto