ACCIÓN CONXUNTA
Vedra e Boqueixón activan un campo internacional para recuperar e divulgar o seu patrimonio
Os profesionais e voluntarios participantes proceden de distintos puntos de España e de México

Os participantes no campamento cos alcaldes de Boqueixón e Vedra. / Cedida
Unha vintena de persoas participan no Campo Internacional de Traballo Vedra-Boqueixón 'Monte Sacro', que botou a andar o pasado martes e rematará o vindeiro 1 de agosto.
Trátase dunha acción conxunta de ambos concellos na que participan vinte profesionais e persoas voluntarias chegadas de diversos puntos de España, como Burgos, Madrid, Ciudad Real, Alacante, Valencia, Andalucía ou Estremadura, e tamén de México. O seu labor céntrase en traballos arqueolóxicos e ambientais.
San Xoán da Cova e Pico Sacro
A primeira semana os traballos estanse a centrar na posta en valor da área arqueolóxica e natural de San Xoán da Cova, en Vedra, e a vindeira semana actuarán no Pico Sacro, en Boqueixón.
Ademais, o proxecto ofrece aos participantes a posibilidade de gozar e coñecer outros puntos de Galicia. Os alcaldes de Vedra, Carlos Martínez, e de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron aos integrantes do campamento para darlles a benvida e supervisar o seu labor.
O campo de traballo está coorganizado polos concellos de Vedra e Boqueixón, co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto