MEDIO AMBIENTE
Ames supera as 700 entradas mensuais no Punto Limpo e reforza a cultura da reciclaxe
Os residuos máis depositados foron materiais de construción, madeira e metais, con máis de 11.600 quilos recollidos

Punto limpo de Ames, ubicado no parque empresarial Novo Milladoiro. / Cedida
Redacción
O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 772 entradas durante o pasado mes de xuño. O Punto Limpo do Milladoiro, situado na rúa das Hedras, rexistrou 745 usuarios, mentres que o Punto Limpo Móbil contabilizou 27 usuarios.
A tendencia dos últimos meses é que se superen as 700 entradas, "uns datos que poñen de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia ambiental e a importancia de separar e reciclar residuos", subliñan dende o goberno local. O servizo pode empregarse para desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.
A mestura de formigón, ladrillo e outros materiais; a madeira e os metais volven ser os residuos máis depositados no Punto Limpo municipal do Milladoiro, cun total de 4.966 quilos de lixo procedente da construción; 4.871 kg de madeira; e 1.827 kg de metais. Ademais, os usuarios tamén desbotaron 1.037 kg de plásticos e 694 unidades de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos.
Por outra banda, rexistráronse 1.037 kg de plásticos; 269 de envases de papel e de cartón; 188 de roupa; 177 unidades de residuos voluminosos; 80 litros de aceite usado e 50 de aceite vexetal; 74 unidades de residuos fluorescentes; 49 monitores e pantallas; e 82 quilos de lodos de pintura entre outros residuos.
Punto Limpo Móbil
En canto ao Punto Limpo Móbil, os pequenos aparellos eléctricos e electrónicos foron os residuos máis recorrentes, cun total de 34 unidades. Seguíronlle os metais, a madeira e o aceite usado. Ademais, depositáronse 9 quilos de aceite vexetal; 7 de voluminosos; 4 de fluorescentes; 3 de plásticos; 3 de envases baleiros contaminados; 3 de lodos de pintura; 3 de produtos fotoquímicos; 2 de roupa; 2 unidades de monitores e pantallas; e 1 quilo de envases compostos.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo, situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro, ofrece os seus servizos de luns a sábado de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
O Punto Limpo Móbil entrou en funcionamento en 2023, e o último sábado de cada mes presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames